Resultados

O Trofeo ABANCA chega a Expourense o vindeiro 3 de decembro

Comezado xa prácticamente o mes de outubro, continúan anunciándose as distintas normativas técnicas que marcarán o calendario competitivo nos seguintes meses. En concreto, no día de onte, circulábase a normativa do TROFEO ABANCA cuxa celebración será o vindeiro día 3 de decembro na pista Cuberta de Expourense.

A proba máis agardada

Como todos os anos, os oito mellores equipos, clasificados previamente por estadillo, poderán tomar parte nesta gran festa do atletismo base que xuntará a máis de medio milleiro de nenas e nenos achegados de prácticamente todos os recunchos da nosa comunidade nas categorías Sub10, Sub12 e Sub14.

O obxectivo principal desta proba é a de propiciar unha xornada na que tanto a deportividade como o aprendizaxe se convirtan nos eixos fundamentais do que se pretenda sexa unha gran festa do atletismo galego de base.

Con esta edición o TROFEO ABANCA celebrará a súa décima edición que durante os últimoslustros se veu disputando de maneira inenturrumpida, agás no ano 2020 cuxa situación excepcional obrigaría a suspendela.

Emoción, deportividade e competitividade

Tradicionalmente este trofeo caracterízase pola gran cantidade de participantes e equipos así como polo gran ambente de competición existente. Da mesma maneira a gran afluencia nas bancadas de público, enchendo prácticamente todo o aforo, engade un plus de motivación a todos os participantes.

Por clubs, as formacións do Vila de Cangas, ADAS CUPA, Ourense Atletismo, Atletismo Narón, Sociedad Gimnástica, Atletismo Sada e Celta Atletismo son os equipos que máis trofeos ABANCA de gañadores acreditan nas súas vitrinas.

Compartir: