Persoeiros e entidades distinguidas coa Insignia de Ouro da FGA 1921-2018


Álvarez Salgado, Javier (Vigo, 1943)
Atleta olímpico. Concelleiro de Vigo (1983-1995)

Castiñeira Vilaseca, Mariano (Pontevedra, 1946)
Adestrador de atletismo.

Comesaña Sporting Club (Vigo, 1915)
Club decano do atletismo galego

Doncel Queijeiro, Jorge
Presidente da Federación de Atletismo de A Coruña e Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo.

Elola – Olaso e Idiacaiz, José Antonio (Argentina, 1909 – Madrid 1976)
Delegado Nacional de Educación Física e Deportes (1956 – 1966)

Escuela Naval Militar de Marín
Centro de formación para futuros oficiais da Armada Española. Entidade precursora da práctica de atletismo baixo cuberta en España.

Federació Catalana d’Atletisme (1915)
Entidade adicada á práctica, fomento, desenvolvemento e organización de actividades atléticas no ámbito territorial de Cataluña.
Conveniou coa Federación Galega de Atletismo a cesión dunha pista cuberta que desembocou na execución dunha nova pista en Galicia.

Fernández Albor, Gerardo (Santiago de Compostela, 1917)
Primeiro Presidente da Xunta de Galicia (1982-1987).

Fernández, Julio
Iniciador da Carreira Pedestre Popular do San Martiño. Adestrador.

Foxo Rivas, Xosé Lois (Folgoso do Courel, 1950)
Director da Real Banda de Gaitas de Ourense. Compositor do Himno da Federación Galega de Atletismo (2017).

Fraga Ferrant, Manuel
Atleta.

Fraga Iribarne, Manuel (Vilalba, 1912 – Madrid, 2012)
Presidente da Xunta de Galicia (1990 – 2005).

Fundación Feiras e Exposicións Ourense (1992)
Entidade que alberga nas súas intalacións e xestiona a Pista de Atletismo Cuberta de Ourense.

García Rodríguez, Eleuterio
Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo.

García – Verdugo Delmas, Mariano (Madrid, 1948)
Adestrador.

González Margaride, Jesús (A Pontenova, 1967)
Atleta.

González Ruíz, Agustín
Presidente da Asociación Atlética do Sil.

Graña Pérez, Jenaro (1934 – 2016)
Atleta, fundador de club, adestrador, Director Técnico da Federación Coruñesa e Secretario Xeral da Federación Galega de Atletismo.

Lamas Sánchez, Eduardo (A Coruña, 1955)
Secretario Xeral para o Deporte – Xunta de Galicia (1991 – 2003)

Lousa Rodríguez, Aquilino
Director Xeral de Xuventude e Deportes – Xunta de Galicia.

Monzón López, Ricardo
Vogal da Xunta Directiva da Federación Galega de Atletismo e Delegado en Ferrol.

Navaza, Emilio (Pontevedra, 1948)
Creador da Carreira Pedestre Popular de Santiago que organiza El Correo Gallego desde 1978. Periodista, historiador e divulgador do atletismo galego.

Ortega Casasnovas, Alfonso (Ribadavia)
Adestrador, xuíz e Director Técnico da Federación Galega de Atletismo.

Pérez Alonso, Carlos (Vigo, 1935)
Atleta Olímpico.

Pérez Rivera, Gregorio
Adestrador.

Posada Sánchez, Alfonso
Presidente do Real Club Celta de Vigo.

Quintanilla Pazos, José Luis (1927 – Ferrol, 2011)
Adestrador.

Rodríguez Díaz, José Manuel (Lugo, 1939)
Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo e Delegado en Lugo.

Tasende Díaz, Ramón (A Coruña, 1944)
Atleta internacional.

Teijeiro Valledor, Manuel (Lugo, 1949)
Vicepresidente da  Federación Galega de Atletismo. Presidente do Club Lucus.

Touza Prieto, Ramón
Presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Torrado Casal, José Luis (Mugardos, 1935)
Atleta. Naturópata e recuperador físico.

Vaquero Sousa, Julia (Francia, 1970)
Atleta olímpica.

Vidal Barja, Ramón
Presidente da Federación Galega de Atletismo (1957 – 1958).

Vidal García, José Luis
Presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Villanueva Cendón, Manuel Ángel (Ourense, 1935 – Ourense, 2015)
Conselleiro de Turismo e Deportes (1982 – 1986).

Xunta de Galicia (1981)
Entidade impulsora da instalación da Pista de Atletismo Cuberta de Ourense no recinto feiral Expourense, inaugurada o 16 de decembro de 2017.

Mora Pita da Veiga, Manuel (2022)
Por sua contribución ao Atletismo de Galicia