Que é o Trail Running?


O Trail Running significa correr por sendeiros, en calquera contorna natural, podendo ser montaña, deserto, bosques, praias, chairas… Sempre sobre un percorrido ben marcado e sinalizado, coidando o entorno natural.

Para a práctica desta disciplina precisarase dunhas aptitudes específicas así como en moitos casos un mínimo material para garantir as condicións de seguridade.

Subespecialidades do Trail Running


O Trail Running é unha especialidade deportiva do atletismo, que conta co recoñecemento do Consello Superior de Deportes, figura nos Estatutos da FGA, RFEA e está recoñecida no regulamento de competición de World Athletics (WA).

Divídese nas seguintes sub-especialidades:

Trail Running

Son as competicións que teñen lugar nunha variedade moi ampla de terreos (terra, bosque, camiño nevado, sendeiro, etc.) nun entorno natural aberto, como por exemplo montañas, desertos, bosques ou chairas; sen circuito, descorre fóra das estradas e zonas asfaltadas, ainda que poden ser empregadas como zonas de paso para unir sendeiros da carreira.

O percorrido estará marcado de tal xeito que non se requiran habilidades de orientación por parte dos atletas, sen límite de distancia nin na ganancia ou perda de altitude, adaptándose á contorna natural.
Deben basarse no concepto de autosuficiencia, donde os atletas deberán ser autónomos a nivel de equipamento, comunicación, comida e bebida entre as estacións de axuda (abastecementos).

Carreiras de Montaña

Falamos de aquelas competicións “en subida” e “en subida e descenso” celebradas xeralmente en zonas de montaña (non exclusivamente), cunha ganancia ou perda de elevación entre 59 e 240m. por quilómetro, cunha distancia máxima a percorrer ata 42,2 km.

Campionatos do Mundo de Trail Running


Na actualidade despútanse os Campionatos do Mundo organizados por World Athletics, que en 2023 terán lugar en Innsbruck (Australia), os 2023 World Mountain and Trail Running Championships, donde participará a Selección da Real Federación Española de Atletismo nas 5 especialidades en liza: Trail Longo, Trail Curto, Montaña “Classic”, Montaña en Subida e Junior Mountain Classic.

Trail Running Center


Grazas ó plan Trail 50 estanse a desenvolver por toda a península circuítos permanentes para a práctica segura do trail running, máis info en http://trail-running.es/

División e denominación das probas


Tipos de competición das sub-especialidades de Trail Running segundo a normativa actual:

TIPO CATEGORÍA DISTANCIA DESNIVEL + (SUBIDA) DESNIVEL +
(SUBIDA E BAIXADA)
OBSERVACIÓNS
PRECLASSIC

Subida

Sub 16 – Sub 18 Absoluta 3 a 5 km 250m a 500m <20% asfalto

<2000 msnm

PRECLASSIC

Subida/Baixada

Sub 16 – Sub 18

Absoltua

3 a 5 km 250 a 500 m <20% asfalto

<2000 msnm

PRECLASSIC

Subida

Sub 20

Absoluta

5 a 8 km 400m a 600m <20% asfalto

<2500 msnm

PRECLASSIC

Subida/Baixada

Sub 20

Absoluta

5 a 8 km 350m a 800m <20% asfalto

<2500 msnm

SUBIDA VERTICAL Sub 23 e Absoluta 3 a 8 km 550m a 1200m <20% asfalto

Elevación media gañada 100 a 250 m/km

CLASSIC

Subida

Sub 23 e Absoluta 9 a 34 km 900m a 2500m <20% asfalto

Elevación media gañada 100 a 150 m/km

CLASSIC

Subida/Baixada

Sub 23 e Absoluta 9 a 34 km >1000m e <8000m <20% asfalto
MARATÓN TRAIL Absoluta 35 a 45 km >2000m e <8500m <20% asfalto
ULTRATRAIL RUNNING Absoluta >46 km >24000 m <20% asfalto
RELEVOS MIXTOS Sub 20 – Sub 23

Absoluta

Máximo 5 km/relevo >100m 4 atletas: 2 homes e 2 mulleres
ABERTO Categorías en función ás distancias Segundo o organizador Sen límite Sen límite <20% asfalto

 

OBSERVACIÓNS

  • Os atletas Master poderán realizar as distancias da categoría Absoluta, agás MF/70 e superiores, que non poderán competir en distancias superiores a 45 km.
  • Os atletas sub 23 non poderán participar en probas de Maratón Trail e Ultratrail
  • A cantidade de descenso non debe superar ó 10% do ascenso
  • Na seguinte táboa clasifícase a proba segundo a categoría de World Athletics para quilómetro-esforzo:

 

Denominación Índice de Dificultade Competición
XXS 0 a 24 Sub 20 e anteriores, adaptado a idade e dificultade
XS 25 a 44 Absoluto e Master
S 45 a 74
M 75 a 114
L 115 a 154
XL 155 a 209
XXL >210

 

NOTA

A medida do índice de dificultade é a suma expresada en quilómetros máis a centésima parte da ganancia vertical expresada en metros. Por exemplo unha carreira de 85 km con ascenso de 4000 metros é 85 + 4000/1000 = 125 (L)

Tipos de competición e división das sub-especialidades das Carreiras de Montaña:

Tipo de competición Pendiente Media Distancias
SUBIDA 5% a 25% 5 a 6 km: Sub 20

10 a 12 km: Absoluto e Master

SUBIDA E DESCENSO 5% a 25% 5 a 6 km: Sub 20

10 a 12 km: Absoluto e Master

VERTICAL (SUBIDA) >25% 1000 m de elevación positiva mínimos
LONGA DISTANCIA 5% a 25% Non exceder 42,2km. Suma total ascenso +2000m
RELEVOS 5% a 25% Calquera circuito ou combinación de equipos, incluindo grupos mixtos de idade/sexo

 

NOTA

A pendente media preferible é entre o 10 e o 15%

A través das seguintes ligazóns poderás ter acceso ós regulamentos de Trail Running así como ás normativas de protección do medio ambiente a ter en consideración:

https://www.rfea.es/trailrunning/documentos.htm

Nova licenza exclusiva para Ruta – Trail Running


Apaixónate correr? Adestra e compite seguro os 365 días do ano!

Benefíciate das vantaxes da nova licenza para Runners e amantes do Trail Running.

  • Para ti que che apaixona correr, sexa por cidade ou pola natureza.
  • Cobertura sanitaria durante os adestramentos.
  • Ademais, a maior cobertura en rescate e salvamento para as túas competicións e adestramentos na montaña, sendeiros, bosques e calquera superficie.
  • Participa e compite tanto en probas de Ruta como de Trail Running.
  • Coa licenza poderás competir gratis, sen pagar ningunha cota, nos Campionatos de Galicia de Ruta (Milla, 5 Km, 10 Km., Medio Maratón e Maratón). Tamén poderás competir gratis no Campionato de Galicia Trail Running e de Montaña.
  • Poderás aspirar a participar coas diferentes Seleccións Galegas.
  • Os teus rexistros, nos circuítos homologados, formarán parte do Ránking de Galicia ou, mesmo, do Ránking de España.

Novas altas de clubs ou atletas independientes en https://licenzas.carreirasgalegas.com.

FAQ


A licenza de Ruta / Trail Running, cóbreme ante calquera lesión ou accidente en adestramentos?
Si. Cobre tanto accidentes, lesións ou posibles rescates que se poidan producir en adestramentos de acordo ás condicións da póliza de seguro.

Que ámbito xeográfico elixo á hora de sacar a miña licenza de Ruta / Trail Running?
Dependerá dos teus obxectivos. A licenza de Ruta / Trail Running contempla catro ámbitos xeográficos diferentes. 1: Autonómico; 2: España, Portugal, Marrocos e Pirineo francés; 3: Europa e Marrocos. 4: Todo o mundo.

¿Canto costa a licenza de Ruta / Trail Running?
No seguinte cadro podes ver os prezos.

Podo ampliar o ámbito de cobertura de seguro da miña licenza de Ruta / Trail Running durante a tempada?
Si, pagando a diferenza correspondente e facendo a tramitación do cambio a través da Federación Galega de Atletismo ou a través do teu Club, sempre que estea rexistrado na Federación Galega de Atletismo.

Se teño a licenza normal de federado/a en atletismo, podo participar en probas de Ruta / Trail Running?
Si. O único é que se corres nun Trail Running, como os custos do posible rescate son máis altos que na ruta, deberías pagar unha pequena cota complementaria para que non asumas riscos.

Coa licenza de Ruta / Trail Running, podo participar en probas doutras especialidades atléticas?
Non. A licenza está contemplada só para as carreiras de Ruta e Trail Running.

Se non dispoño de ningunha licenza podo disputar probas de Ruta / Trail Running do calendario oficial e estar coberto polo seguro?
Si. O único que tes que facer é sacar a licenza de día de Ruta/Trail Running que cóbreche o seguro durante a competición, pero non terás incluídos os accidentes, lesións ou posibles rescates que se poidan producir en adestramentos.

¿Se non quero fichar por ningún club podo facer licenza de Ruta/Trail Running?
Si. Podes facela como atleta independente cos mesmos prezos e coberturas que o resto dos atletas de club.