O Centro de Ensino Atletismo Galego (CEAGA) representa un órgano académico da Federación Galega de Atletismo, rexida por un Director, nomeado polo Presidente da FGA. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia outorgou a oficialidade ao CEAGA para poder desenvolver o curso de formación para a Titulación Deportivas de Grao Medio en Atletismo do Ciclo Inicial. Ao rematar o mesmo no 2023, solicitarase a autorización para o seguinte nivel: Ciclo Final e despois o último nivel de Técnico Deportivo Superior en Atletismo.

O Director do centro está asistido polo Consello Directivo da CEAGA cuxa competencia primordial é a de asesorar ao Director en todo o relativo ao funcionamento deste Centro.

NORMATIVA LEGAL QUE REGULA O CICLO INICIAL E FINAL DO GRAO MEDIO EN ATLETISMO

NORMATIVA LEGAL QUE REGULA O TÉCNICO DEPORTIVO SUPERIOR EN ATLETISMO

CONVOCATORIA DE PRE-INCRICIÓN