O Arquivo Histórico Visual é un proxecto da Federación Galega de Atletismo co que pretendemos recoller imaxes históricas do atletismo galego. Para poder desenvolver esta iniciativa precisamos da túa colaboración, se contas con fotografías de persoas ou acontecementos destacados do atletismo galego e desexas compartilas con todos/as ponte en contacto co noso departamento de comunicación comunicacion@atletismo.gal.