Prazos e procedementos de tramitación de Licenzas tempada 2023
Aprobada provisionalmente pola Comisión Xestora o 7 de novembro de 2022. Pendente da aprobación definitiva pola Asemblea Xeral da FGA.
Preámbulo
A FGA asume na súa totalidade a normativa de licenzas RFEA (Circular 193/2022) en todos aqueles aspectos que non se regulen de maneira específica pola FGA, en relación ao seu ámbito competencial. A forma de tramitación para atletas independentes, xuíces, adestradores e clubs será pola pasarela de carreirasgalegas.com de maneira individual.
https://licenzas.carreirasgalegas.com
Sendo imprescindible o consentimento explícito da persoa física do tratamento de datos (Aviso legal e política de privacidade), así no caso dos/as adestradores/as deberán marcar a casilla de coñecemento da necesidade de enviar o Certificado de delitos sexuais ao correo electrónico xestion@atletismo.gal
Sen marcar as devanditas casillas, non se poderá continuar coa RENOVACIÓN/ALTA da licenza.
A vinculación de todos os estamentos coa Federación Galega de Atletismo: atletas, clubs, adestradores/as, xuíces/as e organizadores/as, leva asociada a aceptación explícita do ámbito lexislativo indicados nos anexos 1 e 2 da circular 104-2022 anexo da circular 97-2022.
Vixencia das licenzas 2023
Tempada do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2023.
Prazos de tramitación FGA
CLUBS e ADESTRADORES:
A partir do 7 de novembro de 2022
ATLETAS E XUÍCES:
A partir do 25 de novembro de 2022
Todas as licenzas nacionais deben ser formalizadas tamén previamente ó pago da licenza autonómica e o seguro cando corresponda. A RFEA non tramitará ningunha licenza sen o correspondente abono á Federación Galega de Atletismo.
Os Clubs deben seleccionar na Intranet da RFEA as siglas:
AG Para as licenzas autonómicas
GA Para as licenzas nacionais
(No caso de cambio de autonómica a nacional modificaranse as siglas)
Cotas Licenzas 2023
Atletas con ficha pola FGA de Clubs galegos e independentes
CATEGORÍA | AUTONÓMICA | SEGURO | TOTAL |
Máster | 35€ | 32,81€ | 67,81€ |
Sénior | 35€ | 27,18€ | 62,18€ |
Sub23 | 25€ | 27,18€ | 52,18€ |
Sub20 | 25€ | 14,53€ | 39,53€ |
Sub18 | 25€ | 14,53€ | 39,53€ |
Sub16 | 15€ | S. XOGADE | 15€ |
Sub14 | 15€ | S. XOGADE | 15€ |
Sub12 | 12€ | S. XOGADE | 12€ |
Sub10 | 12€ | S. XOGADE | 12€ |
Sub8 | 12€ | S. XOGADE | 12€ |
Atletas con ficha por Clubs de fóra de Galicia
- 200€ Seguro incluído.
Clubs
CATEGORÍA | FGA |
División de Honra | 250€ |
1ª División | 200€ |
Nacional | 150€ |
Autonómica | 100€ |
Clubs nova creación | 50€ |
Pago das cotas por parte dos Clubs do tramo galego transferencia á conta:
ES82 2080 0068 7830 4001 9194
Adestradores
NIVEL | FGA | RFEA | SEGURO** |
RFEA Nacional – Grao T3 | 30€ | 86€ | 16,05€ |
RFEA Club – Grao T2 | 30€ | 71€ | 16,05€ |
RFEA Monitor Grao T1 | 25€ | 46€ | 16,05€ |
Xuíces
NIVEL | FGA | RFEA | SEGURO** |
RFEA Nivel III | 20€ | 70€ | 16,05€ |
RFEA Nivel II | 20€ | 70€ | 16,05€ |
RFEA Nivel I | 20€ | 53€ | 16,05€ |
Autonómico | 20€ | 0€ | 16,05€ |
Aspirante | 0€ | 0€ | 16,05€ |
**Exentos Atletas con licenza en vigor.
Pago das cotas de atletas independentes, adestradores, xuíces e clubs por pasarela
https://licenzas.carreirasgalegas.com/
No caso de calquera incidencia no pago, poderá realizarse por transferencia bancaria no seguinte número de conta:
ES82 2080 0068 7830 4001 9194
É necesario remitir o resgardo a xestion@atletismo.gal co fin de axilizar os trámites
Categorías por data de nacemento
Máster | Dende día que cumpren 35 anos |
Sénior | Nados/as 2000 e anteriores ata Máster |
Sub23 | Nados/as 2001, 2002 e 2003 |
Sub20 | Nados/as 2004 e 2005 |
Sub18 | Nados/as 2006 e 2007 |
Sub16 | Nados/as 2008 e 2009 |
Sub14 | Nados/as 2010 e 2011 |
Sub12 | Nados/as 2012 e 2013 |
Sub10 | Nados/as 2014 e 2015 |
Sub8 | Nados/as 2016 e posteriores |
Anexos
1ª Parte Regulamento de Licenzas FGA
2ª Parte Regulamento de Licenzas FGA