Resultados

XI Copa de Clubs de Pista Cuberta, o primeiro título colectivo do ano

O Pavillón dos Deportes de Riazor dará acollida mañá 7 de xaneiro unha nova edición correspondente a disputa da XI Copa de Clubes de Pista Cuberta que acollerá ós clubes máis importantes do atletismo galego.

A compitición que dará comezo as 16.30 horas e que se desenvolverá nunha soa xornada, contará ca particpación na categoría feminina dos clubes do ADAS-Proinor, Clube Atletismo Narón, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Clube Atletismo Santiago, RIA Ferrol, LUCUS Caixa Rural Galega, Atletismo Femenino Celta e Riazor Coruña.

Na categoría masculina serán as formacións do LUCUS Caixa Rural Galega, Riazor Coruña, Clube Atletismo Narón, Clube Atletismo Santiago, Marineda Atlético, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Real Club Celta e ADAS-Proinor, as que compitan por acadar este prestixioso título que abrirá un novo ano.

Ligazón


Ligazón

Compartir: