Resultados

Antía e Daniel Chamosa, domiñaron o galego de marcha

O Concello da Pobra do Caramiñal foi esciario o pasado sábado 26 de Novembro, da disputa da XV Campionato de Galicia de Marcha de Inverno a que acudiron un importante número de marchadores.

Como, era previsible os irmáns internacionáis Antía (C.A.Valladolid) e Daniel Chamosa (C.A.Fent Cami Mislata) proclamaríanse Campións de Galicia Absolutos na proba dos 5 km. marcha e na que xunto eles estarían no podium Samantha Mulloni (Ria Ferrol-CCA) e Mar Chillón (Valencia C.A.) así como Roberto Vieiro (C.A.Santiago) e Marcos Cintrón (Lugo Running)

No resto de categorías títulos de campións de Galicia para Alex Sierpes (S.D.Trega) e Carmen Martínez (E.A.Lucense) na benxamín; Xela Martínez (E.A.Lucense) e Christian Sierpes (S.D.Trega) na alevín e Zulfa Muiño (C.A.Millaraio) e Antón Martínez (E.A.Lucense) na Infantil. Xa por último na cadete os trunfos serían para Ana Piñeiro (A.Vila de Cangas) e Mateo Díaz (E.A.Lucense)

Resultados e follas resumen xuices

Ligazón

Compartir: