Espectacular Campionato de Galicia de campo a traves en Ribadavia

Pese o mal tempo reinante en toda Galicia os atletas galegos de campo a través non defraudaron e loitaron polo título individual e de equipos nun circuito duro e atractivo para o público na localidade ourensana de Ribadavia. A título individual impúxose de forma destacada Paula Mayobre na categoría feminina seguida de Esther Navarrete e Leticia Fernández, entrando por diante de esta última atleta Joselyn Brea pero sen computar para o medalleiro galego. Na carreira masculina o título de Campión de Galicia foi para Alejandro Fernández, que estivo acompñado no podium por Rubén Diz e Jorge Crespo.

Na clasificación por clubes, ADAS en mulleres e Sociedade Gimnástica de Pontevedra en homes acadaron o primer posto, cuns equipos moi competitivos formados por grandes atletas. (Resultados aquí)

Compartir: