Información do proceso electoral da Federación Galega de Atletismo


Este censo inicial exponse durante catorce días hábiles (desde o 28 de febreiro) para os efectos de que as posibles persoas electoras poidan presentar aclaracións, rectificacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo, mediante escrito remitido á xunta directiva, que valorará os escritos presentados e procederá, se é o caso, á emenda ou corrección do censo electoral inicial no prazo de cinco días hábiles.

No citado prazo, as entidades poderán solicitar que figure como representante delas no censo e como votante na elección de membros da asemblea xeral unha persoa distinta á presidencia, sempre que sexa membro da xunta directiva da entidade, condición que deberá acreditar mediante certificado expedido polo Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.

Censo Inicial

Proposta de Regulamento Electoral

Proposta de Calendario Electoral 2022