A Sociedad Gimnástica de Pontevedra convertíase esta fin de semana no gran protagonista do atletismo galego ao lograr os títulos de campión galego de clubs en ambas categorías no campionato levado a cabo en Pereiro de Aguiar.
Con este triunfo, o club pontevedrés sucede no palmarés ao gañador da pasada edición o Atletismo Celta, sumando o seu oitavo título en homes e o seu sexto en mulleres.
Olgado triunfo masculino
O triunfo gimnástico dos homes cimentouse nos concursos, en especial nos lanzamentos, nas que o “capitán” Victor Gallego en disco, Carlos Revuelta en martelo e Jonathan Correa en xavelina lograban o triunfo individual dos seus respectivos lanzamentos aos que se lles sumaban os de Sergio Coello en lonxitude e o do atleta filial Gael Couñago en altura. A actuación dos pontevedreses completábase cos triunfos parciais de Alexis Miguéns nos 400 m. e de David de la Fuente nos 1.500 m. O Celta con 108,5 p. e o Club Atletismo Santiago con 105 p. completaron os postos de podio.
A categoría feminina resultou bastante máis axustada cun combativo Ourense Atletismo que ao igual que fixera na pista cuberta, a piques estivo de dar otra surpresa nas pistas de Josefina Salgado. Ao final tan só tres puntos aventaxaron ás pontevedresas das ourensáns nun man a man que se mantivo ata a última proba.
Os triunfos parciais para as do Lérez viñeron da man de Cristina Garrido nos 100 m., Sabela Martínez nos 1.500 m., Sabela Castelo nos 3.000 m., Ariadna Gil en triplo, María Ezquerro en disco e Alba Pérez nos 5.000 marcha.
Resultados categoría feminina: 1ª S. Gimnástica 128 p.; 2ª Ourense At. 125 p.; 3ª Ría Ferrol 101,5 p.; 4º Celta Atletismo 89,5 p.; 6ª Lucus Caixa Rural 81 p.; 7ª Atletismo Sada 65 p.; 8ª ADAS CUPA 38 p.
Resultados categoría masculina: 1º S. Gimnástica 126 p.; 2º R.C.Celta 108,5 p.; 3º At. Santiago 105 p.; 4º At. Narón 100,5 p.; 5º Lucus Caixa Rural 94 p.; 6º Marineda At. 85 p.; 7º Atletismo Sada 59 p.; 8º Ourense At. 55 p.