Resultados

Loito no atletismo galego

Acabamos de recibir a triste nova do falecemento de Manuel Augusto Alonso Rodriguez, un dos grandes atletas e homes do atletismo Galego. No seu curriculum figuran innumerables rexistros e títulos que fixeron del un dos grandes referentes do atletismo a nivel nacional, malia que será lembrado polo seu caracter xeneroso, humano e amigable.

A Federación Galega de Atletismo quere amosar as súas condolencias ao seu fillo e compañeiro da Delegacion de Vigo Javier, ao resto de familiares, ao Real Club Celta de Atletismo e a todo o atletismo galego polo falecemento duns dos seus atletas máis emblemáticos. O funeral será o luns as 17.00 horas no camposanto Municipal de Lavadores (Subida al Cementerio,84. Vigo)

Curriculum deportivo en “ver noticia completa”

Historial Atletico:
– Campión de España de 3.000 m. obstáculos en 1956,57, 58, 59, 60, 61, 62 e 64 e de 5.000 metros lisos en 1961.
– Primeiro español en baixar dos 9 minutos (8:56) nos campionatos de Europa no ano 1958 (Estocolmo). 33 veces nternacional.
– Prata nos Xogos Mediterraneos en Beirut (1959) en 3000 obstaculos.
– Prata nos Xogos Iberoamericanos de Santiago de Chile (1960) 3000 metros obstaculos. Campionatos de España
– 1956 Campión de España de 3.000 m. Obst. (9.25.4) Oviedo
– 1961 Campión de España de 3.000 m. Obst. Participou coa Federación de Cataluña
Campión de España de 5.000 m. . Participou coa Federación de Cataluña
– 1962 Campión de España de 3.000 m. Obst. Participou coa Federación de Cataluña
– 1964 Campión de España de 3.000 m. Obst. Participou coa Federación de Cataluña
– 1968 Campión de España Campo a través Clubs en Madrid co Real club Celta de Vigo
– 1969 Campión de España Campo a través Clubs en Madrid co Real club Celta de Vigo

(Información de Emilio Navaza)

Compartir: