Resultados

Veteranía e debut misturados no camiño a Rio-2016

Logo de que tivera rematado a prazo para oficializar a lista definitiva de atletas que acudirán a Rio-2016 xa podemos dicir que son dous os atletas galegos que formarán en principio (agardamos o que poida acontecer con Solange Pereira) parte desa selección olímpica que durante os dias 12 ó 20 de Agosto compitirán na capital brasileira.

Un dos que estará tomando parte será Frank Casañas (Cuba,1978) A estas alturas poucas cousas pódense decir sobre este formidable lanzador de disco que comezaría o seu periplo deportivo no seu pais de orixe e que o levaría a tomar parte nos XX.OO de Sidney-2000 e Atenas-2004. Posteriormente e xa co pasaporte español, acudría a Pekín-2008 e Londres-2012 acadando ata o momento trece internacionalidades con España. A súa MMP é de 67.91 (2008) tendo este ano un rexistro persoal de 65.32 m. que lle serviría para sumar os que serán os seus nada menos que quintos xogos Olímpicos.

Como contrapunto a veteranía, temos a Jean Marie Okutu (Benin 1988) cuia participación nestes xogos de Rio-2016 representan o seu debut no selecto club dos olímpicos. O atleta de Marín adestrado por Javier Medrano, tería que agardar ata o último dia para acadar ese rexistro de 8.17 m. que lle suporían a súa inclusión na Selección olímpica, obtendo da mesma maneira un novo récord galego absoluto que pulverizaría os 8.04 m. que el mesmo tiña dende Agosto do ano pasado. A Rio se achegará nun sensacioal momento de forma sumando once internacionalidades.

Tamén queremos salientar a galega Alessandra Aguilar (que malia ter ficha por Madrid formaríase no seu Lugo natal chegando a compitir ca selección galega en varios encontros) a cal tomará parte en Rio na proba de marathon encarando asi os seus terceiros XX.OO consecutivos.

Marcar obxectivos non é tarefa doada e menos ainda cando estamos a falar da cita máis importante de todas cantas existen. Pese a elo, non é aventurado falar de que estarán na loita por acceder á final das súas respectivas probas o que suporía todo un enorme e merecido recoñocemento ó gran traballo destes dous atletas que encarnan a perfección os valores máis valisos do deporte: humildade, traballo e superación.

Estamos convencidos, e asi o cremos, que nesta lista faltan atletas con méritos dabondo que por merecemento podían estar ampliando esta relación de participantes. O seu traballo e sacrificio, malia que non tivera hoxe a xusta recompensa, si é ben certo que servirá para cimentar e fortalecer este e outros moitos obxectivos futuros cuia recompensa esta ainda por escribir.

Compartir: