Resultados

Oito medallas para os cadetes no nacional de Granollers

Seis novas medallas sumarían os nosos cadetes na cuarta e última xornada correspondente a desputa do seu Campionato Nacional en terras catalanas de Granollers que sumadas as dúas de onte (das que xa informamos) dan un balance de oito metáis (dous ouros, cinco pratas e un bronce)

Na categoría masculina, o lanzador do San Narciso Nicolás García, que partía ca segunda millor marca dos participantes, lograría no seu último intento un lanzamento de 55.97 m.que lle serviría para acadar o título de campión de España Cadete. Podium para o tamén atleta do C.D. San Paio El Medhi El Nabaoui quen na final dos 3000 m. e cun rexistro de 9.13.99 lograía colgarse a prata malia que ter dous atletas con millor rexistro que el

No apartado feminino a máis madrugadora sería a marchadora do Cuntis Iria Rivas quen na proba dos 3km. Marcha acadaría a medalla de prata logo de invertir un rexistro de 14.55.01 dándolle as galegas o primeiro metal da xornada. Os seguintes tres trofeos virían da man de Lucía Sicre do RIA Ferrol-CCA nos 600 m.l.quen cun rexistro de 1.35.39 milloraría amplamente a súa MMP de 1.37.01 acando unha notabilísima medalla de prata da que se quedaría a tan só once centesimas do título.

Para os que tiveron a oportunidade de presenciar a final dos 3000 m.l. esta será sen lugar a dúbidas lembrada por moito tempo xa que tan só catro milésimas separaría a primeira da segunda clasificada. Por si foura pouco esa loita manteriánna dúas galegas Sara Lima (CSCR Beade) e Sara López (Lucus Caixa Rural galega).

A lucense viña cunha clara millor marca sobre o resto de atletas participantes que facía que encarara a sua final con moitas garantías. Pola contra Sara Lima sabedora que tiña a oito atletas con millor marca por diante dela apostaría forte tanto polo marca como polas medallas. A súa aposta valente e decidida tería a súa recompensa xa que se imporía na final con 10.18.65 millorando en nada menos que en 21 segundos a sua MMP. Tras ela entraría a subcampiona galega Sara López que lle imprimiría unha clara cor galega a esta proba.

ACTUACIONS ATLETAS GALEGOS

RESULTADOS XERAIS

Compartir: