Presenza destacada do atletismo galego nos europeos de atletismo

Nada menos que un total de cinco representantes galegas e galegos tomarán parte nos Campionatos de Europa de Atletismo que darán comezo no día de mañán en Roma e que se prolongarán ata o vindeiro mércores 13 de xuño.

Esta será unha das edicións que conten cun maior número de participantes galegos na súa historia o que nos devolve aos anos dos noventa onde era frecuente que un mínino de tres ou catro galegos estiveran presentes nas distintas convocatorias de probas internacionais. A diferencia daquela excepcional época ca actual, é que si entón básicamente era o sector de fondo o que tiña maís relevancia, nesta ocasión as modalidades son máis diversificadas con participación de atletas de medio fondo, fondo, saltos e lanzamentos o que pon en evidencia un importante cambio de tendencia do noso atletismo.

Importantes bazas

Estes campionatos representan para aqueles que teñan pasaporte olímpico un excelente test preparatorio de cara a perfilar o último treito de previo a gran cita olímpica que está a menos de dous meses.

Todos os atletas galegos que acuden teñen presenza asegurada para París agás Yulenmis Aguilar da que prácticamente dase por seguro a súa participación logo do seu paso por Roma. Precisamente a lanzadora, que recentemente acadaba a nacionalidade española logo de estar varios anos residindo en Galicia, será unha das bazas importantes do combinado hispano para estar nos postos importantes do campionato ao que acude en pleno proceso de recuperación dunha pequena lesión. A súa marca de 60.68 m. situanna de novena no ranking europeo do ano.

Continuando co sector de lanzamentos, a plusmarquista española Belén Toimil achégase nun bo momento logo de lanzar recentemente ata os 18.47 m. que a colocan no décimo posto do ranking europeo e a sitúan en disposición de pelexar polos postos importantes nunha proba na que xermanas e holandesas parten como favoritas.

Para Adrian Ben estes serán os seus terceiros campionatos de Europa logo dos disputados en Berlín 2018 e Zurich 2022 onde acadaba postos de finalista. Desde entón a súa progresión foi moi notoria chegando a correr en 1:43.92 o ano pasado. Acude a Roma cun rexistro de 1:45.21 que o sitúan no 19º posto do ranking europeo do ano.

Sen lugar a dúbidas por historia e por currículo, Ana Peleteiro pasa por ser unha das favoritas ao título europeo. A de Riveira presentase na cita italiana cun mellor salto de 14.75 m. dez centímetros menos que a líder europea, a bielorrusa Skvartsova. A nosa primeira medallista olímpica galega da historia estará saltando cun ollo posto no podio de Roma e co outro posto no de París.

A viguesa Ester Navarrete debuta nun campionato de Europa individual de aire libre. As sensacionais tempadas que ven facendo nos dous últimos anos, conducianna a proclamarse campioa de España de maratón con 2h.24.40 que ademáis representan a mínima de participación olímpica. Para esta convocatoria tomará parte na media maratón na que acredita un rexistro de 1:14.23 que a colocan no posto 101º do ranking europeo.

A maiores tamén contaremos ca presenza do xuíz internacional Guillermo Sandino quen estará actuando en calidade de xuíz internacional de marcha

 

  • Belén Toimil
    • Clasificación: venres 7 de xuño ás 10:02 horas
    • Final: venres 7 de xuño as 21.33 horas
  • Ana Peleteiro
    • Clasificación: venres 7 de xuño ás 11: horas
    • Final: Domingo  de xuño ás 21:20 horas
  • Yulenmis Aguilar
    • Clasificación: luns 10 de xuño ás 10:25/11:45 horas
    • Final: martes, 11 de xuño ás 21:36 horas
  • Adrián Ben
    • Semifinais: sábado 8 de xuño ás 19:50 horas
    • Final: domingo 9 de xuño ás 22:27 horas
  • Ester Navarrete
    • Final: Domindo 3 de xuño ás 09:00 horas

Retransmisión en TV

Resultados en directo

Compartir: