Resultados

Balaídos e Elviña acollen citas autonómicas esta fin de semana

Dobre xornada autonómica esta fin de semana ca disputa de dous interesantes campionatos Xunta de Galicia de pista

Campionato Xunta de Galicia  Sub10 e Sub12

O Concello da Coruña será escenario esta fin de semana da disputa do Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 que xuntará nas pistas universitarias de Elviña a máis de medio milleiro de asistentes.

Multitudinario campionato

Este campionato representa o evento atlético de pista ao aire libre máis numeroso de todos cantos se desenvolven no calendario federado na modalidade de equipos. Para o mesmo están chmados a tomar parte un total de 44 equipos que se achegarán de todos os recunchos da nosa comunidade.

Entre os clubes participantes cabe salientar as formacións do ADAS CUPA de Valdeorras, Piringalla de Lugo, Atletismo Deza, Atletismo Narón, La Purísima de Ourense, Atletismo Sada e Atletismo Ourense quen presentarán equipos nas catro categorías no campionato de remudas.

Formación e motivacion

Esta xornada representa unha excelente oportunidade para que as categorías máis novas do atletismo galego poidan aprender a través da competición e da apredizaxe. No mesmo tanto adestradores, técnicos como xuíces, aproveitarán a oportunidade para explicar in situ aqueles aspectos técnicos ou de regulamento que se poideran ir producindo ao longo das probas. A filosofía pasa por desenvolver unha xornada competitiva de equipos onde a didáctica e a apredizaxe formen parte moi importante desta competición que ten unha clara orientación motivacional e formativa.

O Campionato dará comezo as 10:00 horas ca disputa do campionato Sub12 que se extenderá ata as 14:00 h. Xa pola tarde, o protagonismo recaerá para os Sub10 que desenvolverán a súa actividade desde as 16:30 ata as 20:30 horas.

Campionato Xunta de Galicia Sub18

O Concello de Vigo será quen reciba esta fin de semana aos participantes que se darán cita nas pistas de Balaídos para competir no Campionato Xunta de Galicia Sub18

A esta proba acuden preto de 350 participantes entre os cales se atopan algúns dos últimos medallistas do pasado campionato de España de pista cuberta desenvolto en Sabadell.

Entre as grandes probas que se agardan presenciar estará a dos 3.000 na que tomará parte o actual campión de España de pista cuberta Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural que se podería medir a un dos grandes valores emerxentes do atletismo galego, Alex Sierpes do Trega que ven ca mellor marca dos participantes, figurando tamén inscrito nos 2.000 obstáculos. Os 1.500 m. será outra das probas que acaparen toda a atención xa que na mesma participarán as atletas da Atlética Lucense Amparo Corredoira e Eva Rouco quenes compartían a medalla de bronce no pasado nacional indoor logo de acreditar a mesma marca. A Coruña será un bo escenario para presenciar novamente este interesante duelo.

Sen abandonar as probas de máximo interese, os 800 m. contarán con dúas campioas de España de inverno na loita polo podio autonómico. Celia Castro do Playas de Castellón con 2:10:29 e especialista nesta distancia medirase a Sabela Martínez da Gimnástica e campioa de España dos 3.000 m. que se atopa a pouco máis de medio segundo da marca de aurosana.

Continuando cas carreiras, Javier Picos do Marineda probará sorte sobre a proba dos 400 m. a cal se achega ca mellor marca dos participantes de 49.89.

No sector de lanzamentos, Eloy Acuña da Gimnástica parte como favorito con 14.23 m. ao igual que a campioa de España de lanzamantos longos en martelo Aixa Corbacho quen se estará medindo a subcampioa do mesmo campionato Erika Martínez, ambas do Rías Baixas

No salto de altura contaremos ca participación de Iria Solera do C.D. La Purísima e a quen vimos defender a camiseta da selección galega o pasado fin de semana no Campinato de España de Combinadas no que se voltaba ca medalla de bronce. Sobre este último campionato presenza do tamén integrante da selección, Paco Lamas da Gimnástica a quen poderemos ver concursando sobre o listón de pértega.

No resto de probas estaremos tamén pendentes do que poidan facer entre otras e outros: Adrian Bernárdez do Celta e Paula Conde do Rías Baixas nos 100 m.; Irene Serantes do Marineda e Sebastián Bascoy do Coruña Comarca nos 200 m.; Daniel Salgueiro do Coruña Comarca nos 800 m.;   Leo Rodríguez do Celta, Pablo García do ADAS e Noa Rey do Ourense At. nos valos; Amparo Corredoira e Sandra González da At. Lucense nos 1.500 m.  Debris Paniagua do Vagalume nos 3.000 m.; Nicolás Collazo do Ames At. e Icia Ares do Ourense At. en marcha; Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso; Martina Gutiérrez do A.F.Celta; Gael Couñago do At. Redondela en altura; Marina Artemia  da Gimnástica en pértega; Mar Simón do A.F. Celta en disco; Raúl Gude de a Silva en lonxitude; Gonzalo Cuns do At. Negreira e Gonzalo Sánchez do At. Sada en triplo; Enzo López e Lara Iglesias do Barbanza en xavelina e Xaido Nimo do Celta en martelo.

Compartir: