Resultados

Eva Piñel e David de la Fuente campións galegos de milla en ruta

Eva Piñel do A.F. Celta cun tempo de 5:08.9 e David de la Fuente da Sociedad Gimnástica cun rexistro de 4:26.1 proclamáronse campións galegos absolutos de Milla en ruta na edición celebrada esta fin de semana no Concello de Lourenzá bixo o patrocinio do Concello e a colaboración das Escolas Deportivas de A Lourenzá. Os gañadores estiveron acompañados no podio tanto por Pilar Rojo e Ainara Rodríguez na categoría feminina como por Adrián Lago e o Sub20 Alex Sierpes na masculina.

No resto de categorías, resultaron campioas galegas e galegos os seguintes atletas:

  • Sub23. Mario Rodríguez (R.C.Celta) e Ainara Rodríguez (S.Gimnástica)
  • Sub20. Pilar Rojo (Riazor Coruña)
  • Sub18. Andrea Díaz (Ría Ferrol) e Alex Sierpes (S.D.Trega)
  • Máster35. Nicolás Arrojo (LUCUS) e Clata Millares (El Canario)
  • Máster40. Mª Jesús Conde (Lugo Running) e Roberto Martínez (C.D.Pinarium)
  • Máster45. Rebeca Soto (At.Narón) e Xabier Díaz (LUCUS)
  • Máster50. Juan Antonio Gude (LUCUS)
  • Máster55.Rocío Díaz (At.Ribadeo) e Fernando Hoyos (C.D.Pinarium)
  • Máster60. Jorge Veleiro (Burgas Ourense)
  • Máster70 .Domingo Álvarez (Egovarros)

A maiores tamén se stivo disputando o campionato Xunta de Galicia para as categorías menores sobre a distancia de 1K que nos deixaba estes gañadores e gañadoras:

  • Sub10. Gabriela López (S.D.Trega) e Jesús García (Maderas Barcia)
  • Sub12. Nadia Conejo (S.A.Trega) e Ángel Rodríguez (Beade)
  • Sub14. Lía Núñez (At. Luucense) e Pedro Moirón (Maderas Barcia)
  • Sub16. Pablo Vázquez (At. Narón) e Lucía Cando (Poli.Lucense)

Resultados

Galeria de fotos

 

Compartir: