69 medallas para os máster galegos no campionato de España indoor

Un total de 69 medallas, ( 20 ouro, 24 pratas e 25 bronce), 8 mellores marcas galegas indoor e 31 postos de finalistas, foi o balance da actuación galega no Campionato de España Indoor máster desenvolto durante a pasada fin de semana no velódromo donostiarra de Elorza.

O máis salientable en canto a medallas foron os dous títulos de España logrados por Miguel Gómez do Real Club celta na categoría M40 sobre os 100 e os 200 m. así como os de Xosé Luis Otero Cepeda do At.Santiago na categoría M70 nos 1.500 e nos 3.000 m.

Outros dos atletas que lograron sumar máis dun metal de ouro foron  Amalia Sanmartín na F70 do Egovarros así como os atletas do Atletismo Sada Juán Luis Paz na M50, Daniel Giménez na M45 e Xulio Ventín na M60.

Mellores marcas galegas indoor

En canto a rexistros, as probas de velocidade tiveron en María Mesías do Riazor Coruña e Monserrat Fernández do Atletismo Sada ao máis destacado. A coruñesa remataba os 60 m. W45 na segunda posición con 8.44 ocupando o terceiro posto a representante sadense na súa final de W55 cun mellor tempo en semifinais de 8.98. Araceli Salgueiro do Samertolameu pola súa banda, lograba a medalla de prata na categoría W50 sobre a proba dos 400 m. cun rexistro 1:05. 96

Na categoría masculina Jose Cidrás do San Miguel de Marín na M75 sumaba dous metáis nestos campionatos cun de bronce nos 60 m. e un prata nos 200 m. na que remataba con 35.39.

Nos concursos destacamos os rexistros de 1.34 m. de Rosario Suereda na W60 de altura que lle daban o título e que completaba ca medalla de bronce nos 200 m.  O tamén lucense do Lucus David Vázquez lograba un mellor salto de 6.30 m. no foso de lonxitude e o subcampionato de España na categoría M40. Sen abandonar os saltos, Cristina Conde de La Purísima conseguía a medalla de ouro en pértega W45 logo de superar o listón a 2.15 m.

Para rematar destacar o rexistro do equipo de relevos mixto do Sada máster 45 quenes establecían a mellor marca galega indoor cun crono de 1:51.31 e que lles servía para estar no segundo escalón do podio nacional.

 

Compartir: