Expourense estrea internacionalidade

A Real Federación Española de Atletismo en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, Club Ourense Atletismo e Fundación Expourense, organizan o Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 – Sub20, que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo indoor de Ourense  – Expourense. Dada a internacionalidade de proba, e para permitir a participación de atletas estranxeiros organízase o I Miting Internacional Transfronteirizo – 2 Países – 1 destino para fomentar a participación transfronteiriza dos deportistas.

Esta proba, reúne aos atletas máis completos das categorías sub’18 e sub’20, de Portugal e España, que disputarán este encontro na pista que acolleu hai poucos días o Campionato de España absoluto. As probas do heptathlon, na categoría masculina e pentathlon na categoría feminina desputaranse en xornada de tarde o sábado, 16. O resto de probas do heptathlon celebraranse o día 17, en xornada de mañá. A maiores as probas do Meeting completarán a ampla oferta atletica que  vivirá Expourense.

Con esta competición a pista indoor de Expourense acolle o seu primeiro encontro internacional de atletismo logo da súa exitosa organización dos campionatos de España levados a cabo ata o momento entre os que detacan os absolutos dos anos 2020, 2022 e 2024. Por tal motivo a propia Federación Galega de Atletismo, Expourense e o Club Atletismo Ourense decidiron impulsar esta iniciativa que novamente volvería a contar co firme apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia así como a da Deputación e Concello de Ourense.

Para elo un gran equipo de traballo formado por xuices, voluntarios, auxiliares e persoal tanto federativo como de Expourense está xa planificando esta proba na que se calcula tomarán parte preto de 350 atletas de maneira directa e máis de  700 de maneira indirecta.

Excelentes relacións históricas con Portugal

A excelente relación existente entre o atletismo galego e o atletismo portugués remóntase ao pasado século cando era frecuente que equipos de Portugal compitiran contra equipos galegos. Así por exemplo no ano 1950  organizábase en Balaídos  I “match” Vigo-Oporto, que tería continuidade ca disputa doutra edición, ambas gañadas polos atletas de Oporto. Ainda máis importante resultaría o encontro internacional que se disputaba en Santiago no ano 1984 e na que se chegaron a enfrontar as Seleccións de España- Finlandia Portugal e Galicia.

A nivel individual tamén resulta moi común e importante a presenza de atletas galegos polas pistas do país veciño cuxo cordial trato y atención hacia ós nosos, merece ser recoñecido.

Compartir: