O autonómico Sub20 centrará a atención da pista curta

Un dos últimos campionatos da tempada indoor achégase este sábado a Expourense ca disputa do autonómico Xunta de Galicia Sub20

No mesmo estarán presentes máis de 275 atletas que tomarán parte na edición trixésimo terceira na procura de bos rexistros e postos de podio.

Entre a relación de inscritos e inscritas destaca a presenza nas probas de velocidade do bronce absoluto do Vila de Cangas Mauro Vázquez quen tomará parte na proba dos 60 m. Sobre esta mesma distancia presenza da campioa galega absoluta de lonxitude Antía Pernas quen intentará facerse de igual modo cos títulos tanto dos 200 m. como da lonxitude.

A campioa galega absoluta do Ria Ferrol Alicia Barreiro, será a rival a batir sobre a distancia dos 400 m. ao igual que o velocista internacional do Barbanza, e plata no Festival Olímpico FOJE do 2022, Fabian Vidal

Pilar Rojo do Riazor e Rania Gabriela Yousef do Celta rivalidarán sobre uns 800 m. que contarán con Sara Guedes e Julio Fernández da Atlética Lucense como favoritos na distancia superior dos 1.500 m.

Nos 3.000 m as lucenses Emma Méndez e Miguel Alvariño, cuartos clasificados no absoluto aspiran a proclamarse campións galegos Sub20

Sen a presenza da subcampioa galega absoluta Aroa Martínez do Rías Baixas, será Agata Rodríguez do Vila de Cangas quen asuma a responsabilidade de partir como favorita ao título galego sobre os 60 valos.

Sobre o concurso de altura presenza do bronce absoluto David García do At. Santiago así como da local do Ourense Atletismo María Aguiar. Sen abandoar os saltos, atención á pértega na que estará compitindo Manuela Blanco do Ourense At. quen tomaba parte recentemente  no campionato de España absoluto. En homes Alejandro Villaverde da Gimnástica con 4.20 m. posicionase como favorito ao ouro.

No foso de lonxitude e xunto a Antía Pernas, estará saltando o vixente campión galego Sub20 PC Unai Loureiro do Riazor Coruña na procura dun bo rexistro e dun novo título. Pola súa banda tampouco debería ter problemas o subcampión absoluto do Mazí Xoel Otero no triplo, estando a categoría feminina algo máis disputada entre Andrea Laya do Riazor Coruña e Eva Fernández da At.Barbanza.

Para rematar, Fernando Vallines do At. Portugalete aspira a revalidar comodamante o seu título autonómico que lograría o ano pasado con 14.77 m.

Compartir: