Catro autonómicos nunha fin de semana frenética

Intesísima fin de semana a que se vivirá a nivel atlético ao longo de toda a nosa Comunidade e na que nada menos que un total de catro campionatos autonómicos serán os que se desenvolvan nos Concello de Cervo, Ourense, Lugo e A Pobra

Por unha banda, Cervo acollerá o Memorial Alejandro Gómez na que tomarán parte un bo número de atletas na procura do título autonómico dos 10.000 e dos 5.000 m. As probas, que darán comezo as 15.30 horas, contarán ca participación destacada  de Amparo Corredoira e Miguel Alvariño da At.Lucense, así como a dos másters Nemesio Gutierrez do At. Friol e Soledad Castro do Comesaña.

O mesmo día as pistas lucenses do Gregorio Perez Rivera recibirán a disputa do campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos para as categorías absolutas e Sub23.

Na mesma tomarán parte as atletas galegas Carmen Sánchez , subcampiona nacional que asinou unha fantástica tempada 2023 e Paula Piñón, ambas no lanzamiento de xavelina, quenes estarán acompañadas pola destacada atleta mundialista Yulemnis Aguilar  convertendo esta modalidade na máis atractiva do campionato. Os concursos de Eric Méndez en martelo ou o de María Ezquerro en disco por citar algúns, serán tamén outros dos pratos principais desta edición.

As probas principiarán en dobre xornada de mañán e tarde comezando as 10.30 horas para dar remate sobre as 18.45 horas.

A marcha tamén terá a súa cita invernal esta fin de semana. En concreto será A Pobra quen reciba aos máis de 125 marchadores e marchadoras quenes estarán desenvolvendo o seu campionato autonómico o domingo a partir das 10.45 h.

Entre a relación de participantes destaca a presenza da internacional e unha das nosas firmes promesas Aldara Meilán quen tomará a saída na proba dos 10 km absolutos. Xunto á lucense tamén destaca a presenza sobre o circuito pobrense do campión europeo e mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda.

Esta mesma proba servirá para inaugurar a primeira xornada do I Circuito Galego de marcha atlética 2024 creado neste mesmo ano.

Por último, Expourense continúa ca súa actividade de pista curta estando programadas para os días 3 e 4 o campionato autonómico de combinadas nas categorías absoluta, Sub20 e máster.

O certame, que se disputará durante o sábado e o domingo, contará ca presenza do atleta internacional Adolfo Sáinz-Maza do Real Club Celta quen parte como claro favorito au título galego. No resto de categorías Carlos Ferrer do Samertolameu ou a de Juan Luis Paz do C.A.Sada entre outros e outras, figuran nunha relación na que estarán compitindo un total de 35 atletas.

Compartir: