Copa de clubs, lanzamentos longos e os XOGADE de campo a través para esta fin de semana

Atracón de importantes  eventos a que nos deixará o calendario oficial de competicións para esta fin de semana.

Campionato Xunta de Galicia XOGADE de Campo a Través

Para comezar o sábado Ribadavia dará acollida o Campionato de Campo a Través XOGADE en idade escolar que xuntará a preto de medio milleiro de atletas procedentes xde todos os recunchos da nosa comunidade.

Lembramos que toman parte a nivel individual os 10 primeiros clasificados do pasado campionato provincial do mes de decembro así como os dous mellores clubs das categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16.

O campionato será no circuito da Veronza comezando a primeira das probas as 11.00 horas

Campinato Xunta de Galicia de lanzamentos longos máster

Pola súa banda as pistas de Balaidos recibirán a 71 ateltas máster quenes tomarán parte no Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos o sábado a partir das 10.00 horas.

Atletas importantes e asiduos de podios nacionais tales como Javier Viteri, Xulio Ventín, Ana Revuelta, María de los Angeles Rodríguez, Ana María Abuín, Carlos Ferrer ou José Domínguez, por citar algúns, serán parte dos atletas quenes se den cita nesta edición.

Copa de Clubs de Pista Curta

O mesmo domingo, a Copa de clubs de pista curta chega a unha nova edición con toda a emoción e incertidume que a ven caracterizando durante os últimos anos

Máis alá dun campionato oficial, esta proba convértese no mellor escaparate posible para a posta a punto dos equipos de cara aos vindeiros compromisos de liga así como unha excelente oportunidade para probar as novas fichaxes da presente tempada.

De entre os oito equipos clasificados, todo fai indicar que novamente a loita polo título centrarase entre o Atletismo Celta e Sociedad Gimnástica en ambas categorías. Os dous equipos acaparan prácticamente a totalidade dos títulos no historial da desta copa agás nas edicións dos anos 1990, 1991, 2013 e 2015. Lembramos a Gimnástica ven de domiñar na categoría masculina durante as últimas dez edicións de maneira ininterrumpida sumando un total de 15 títulos en ambas categorías polos trece do Celta. A maiores suman títulos o Atletismo Coruña (dous) e o Ría Ferrol (dous)

Xunto aos dous equipos pontevedreses, Atletismo Santiago e Lucus en homes e Ría Ferrol e Ourense Atletismo en mulleres poderían estar en disposición de estar nos postos importantes deste Copa sen esquecer ao Atletismo Narón, ADAS CUPA,  Atletismo Sada e Marineda Atlético que veñen de incorporar nalgúns casos, importantes efectivos neste 2024.

Compartir: