Resultados

Os últimos quilómetros do ano

Cada ano son máis os concellos que se suman á promoción da práctica da carreira a pé os últimos días do ano. As Carreiras de fin de ano e San Silvestres proliferan ano tras ano  acollendo a centos de atletas populares e federados que desexan disfrutar dun bo ambente festivo e saudable ata as horas previas ao remate do ano.

Os vindeiros 24, 30 e sobre todo 31 serán os concellos de A Rúa, Fene, Neda, Ares, Ourense, Castrelo de Miño, Vigo, Narón, Santiago e Ordes quenes den a oportunidade de despedir o ano da maneira máis atlética e divertida posible e da que de seguro, non faltará quenes acudan con algún disfraz ou motivo de nadal.

Dende a Federación Galega de Atletismo animanos a tódolos amantes do noso deporte a participar en algunha destas carreiras (achégamosvos os seguintes enlaces para máis información sobre estes eventos:

Compartir: