Meilán e Morales domiñan o certame galego invernal de marcha en pista

Aldara Meilán da Atlética Lucense e o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda Atlético, proclamáronse no día de onte campións galegos do certamen invernal de marcha en pista desenvolto nas pistas de A Alta da Pobra do Caramiñal.

A nova campioa galega, que o ano pasado fora medalla de prata, realizaba un rexistro de 22:43.35 que supón un récord galego Sub18 e que sitúan a internacional lucense como unha auténtica promesa desta modalidade. Xunto a Aldara Meilán estiveron compartindo podio Alba Pérez do Atetismo Negreira que chegaba a catro segundos da gañadora sendo a medalla de bronce para Natalia Rivas do Ría Ferrol con 26:40.53.

A categoría masculina o principal favorito non tivo problemas en cumplír os prognósticos ao lograr un crono de 21:32.57 que lle serviron para sumar un novo título autonómico. Xunto ao marchador coruñés do Marineda ocupaban postos de podio Pablo Sánchez do Lucus Caixa Rural con 22:51.21 repetindo o bronce do ano pasado Ismael Díaz do Marineda Atlético con 23:46.15.

No resto de actuacións cabe salientar a mellor marca galega realizada polo atleta Sub14 Tomás Bautista do Atletismo Porriño na proba dos 2.000 m. cun rexistro de 9:38.54

Relación de campioas e campións galegos 2023

  • Absolutas/os. Aldara Meilán (At.Lucense) e Juan Manuel Morales (Marineda At.)
  • Sub23 Alba Pérez (At.Negreira) e Alejandro Novas (At.Santiago)
  • Sub20.María Pajón (Ría Ferrol) e Ismael Díaz (Marineda At.)
  • Sub18. Aldara Meilán e Pablo Sánchez, ambos da Atlética Lucense
  • Sub16. Icía Ares (A Silva) e Diego García (A.Vila de Cangas)
  • Sub14. Alva Vázquez (At. Lucense) e Tomás Bautista (At. Porriño)
  • Sub12. Marta Bargueiras (At. Lucense) e Diego Rodríguez, (Lucus C.R.)
  • Sub10. Paula Motrales (Marineda At.) e Daniel Guerrero (At. Lucense)
  • Máster 35. Andrés Martínez (At. Cuntis)
  • Máster 40. Juan Manuel Morales (Marineda At.)
  • Máter 45. Emilia Rodríguez (At.Sada)
  • Máster 50. Soledad Pousa (Ourense At.) e Manuel Polo (At. Narón)

Compartir: