Resultados

A Vigo+11 ultima os seus preparativos con importantes novedades

Logo da celebración das probas en ruta desenvoltas recentemente en Santiago, Negreira e Ourense, chega o  vindeiro día 10 de decembro outra das imprescindibles do calendario en ruta, a Carreira Popular Vigo+11.

Será en concreto a partir das 10.30 horas cando as rúas da cidade olívica vexan sair desde a Praza da Tellada a un importante número de atletas na procura de completar as distancias dos 10K ou 5K en función das opcións escollidas.  Con esta carreira, a Vigo+11 achégase a súa décimo quinta edición con importantes cambios pero conservando os mesmos obxectivos que non son outros que os de facer unha boa e atractiva proba para todas e todos cantos se achegen independentemente da súa condición e capacidade.

Evolución

Logo de tres lustros de celebración, a proba contará con algúns cambios tanto na súa ubicación, percorrido como no apartado de colaboradores, pretendéndose con todo elo sexa unha adaptación ás novas circunstancias e a un público cada vez máis esixente e especializado.

En concreto en canto ao seu percorrido, e tendo en conta as características da cidade, contará con algunhas subidas pero que virán acompañadas de baixadas polo que se agarda poida servir para facilitar a consecución de bos rexistros.

Ademáis delo, haberá un especial coidado nas probas de menores que contarán con probas específicas atendendo as súas idades e que irán desde os 1.500 m. para os Sub14 e Sub16 ata os 100 metros para os menores de cinco anos .

Pero non tode será actividade física en Vigo o vindeiro día 10 de decembro. Todos aqueles participantes que rematen a carreira poderán disfrutar dunha sesión de spa que un dos patrocinadores do evento, Máis que auga oferta nesta edición. De igual modo existirán actividades paralelas que animen e dinamicen a proba para que tanto deporte como lecer e socialización, sexan os eixos centrais desta cita que viguesa.

Outro dos patrocinadores importantes será a de Atlántico Diario quen através do seu programa +Deporte estará aportando cobertura e información do evento en toda a contorna da comarca de Vigo.

Prazo de inscricións

Esta proba, que conta ademáis co engadido de que pecha o Circuito Run Run Vigo da que forma parte, terá aberta a súa pasarela de inscrición ata o día 6 de decembro.

Normas técnicas da proba

Compartir: