Resultados

A FGA adquire un novo equipo de Vídeo Finish LYNX

Hoxe recibíase na sede da Federación Galega de Atletismo a última adquisición de material federativo correspondente a unha nova vídeo finish de última xeneración LYNX.

A compra deste material valorado en algo máis de 20.000 €, obedece ao compromiso expresado nesta lexislatura por parte de Iván Sanmartín de “ dotar progresivamente de máis e mellor material e recursos ao noso atletismo co obxectivo de permitir seguir avanzando na modernización e funcionalidade do noso deporte

Con esta incorporación son xa cinco as unidades operativas cas que conta a Federación Galega en propiedad as que se lles suma outras seis existentes de titularidade pública (concellos, deputacións e Xunta).

Un proceso de modernización e actualización contínua

Os incesantes avances tecnolóxicos aplicados ao atletismo e a maior dotación de infraestructuras atléticas, obrigan a unha continúa actualización de material e inversión de recursos existentes. Neste aspecto, o atletismo galego leva varios anos apostando decididamente pola aplicación das novas tecnoloxías de última xeneración e que se traduciría na adquisición de equipos informáticos, programas, vídeo marcadores, pantallas, sistemas de medición indirecta, transpondedores (…). A maiores, non son menos importantes as inversións efectuadas en material técnico, loxístico e competitivo que representan, xunto ao tecnolóxico, unha das principais prioridades expresadas para este mandato.

Compartir: