Resultados

Unha San Martiño de dez

Fantástica edición a vivida no día de hoxe en Ourense durante a disputa da clásica Carreira Popular de San Martiño.

Preto de nove mil persoas disfrutaron dunha auténtica festa deportiva que converte a esta proba na máis importantes de todas cantas se desenvolven na nosa Comunidade.

En canto a resultados os principais favoritos da proba cumpliron cos prognósticos con triunfo na categoría feminina para a internacional Ester Navarrete do A.Femenino Celta, e na masculina para o segundo clasificado da Popular de Negreira Mohamed El Ghazouany do Atletismo Narón. Precisamente o gañador negreirés Peter Kariuki ocupada no día de hoxe a segunda posición sendo terceiro o finalista olímpico español na maratón nos Xogos de Tokio Ayad Lamdassem. En mulleres a segunda posición correspondeu a Noualia El Gazouir completendo podio Edymar Brea.

O primeiro atleta galego masculino en entrar na línea de meta foi a gañador da Pedestre de Santiago deste ano o internacional estradende El Medhi El Nabaoui

Como dato salientable, indicar que o gañador masculino completaba o percorrido cun rexistro de 28:40 o que representa un novo récord da proba.

A maiores, a proba tamén contaría con carreiras para escolares, cativos así como unha carreira inclusiva que contaron cunha amplísima participación. Nas mesmas víronse a familias enteiras tomando parte e disfrutando deste auténtico acontecemento social e deportivo que leva situando a Ourense no epicentro do atletismo galego desde fai máis de corenta e seis anos.

Compartir: