Resultados

Celebrada a Asemblea Xeral ordinaria da FGA

A sede da RFG de Futbol foi escenario da celebración da Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo que se celebrou no día de onte desde as 17.30 h.

Durante algo máis de catro horas estivéronse expoñendo, debatindo e someténdose a aprobación os distintos puntos da orde de día os cales foron aprobados por unha ampla maioría dos asistentes.

A asemblea comezaba ca intervención do presidente Iván Sanmartín o cal expuxo un informe sobre a situación do atletismo galego desde distintas ópticas. De igual modo, enumeraba os distintos compromisos acadados desde que accedera á Presidencia fai algo menos dun ano.

Acto seguido tanto o vicepresidente do Comité Galego de Xuíces Angel Lopez Montesinos, como o Director Técnico, David Ferrer, tomaban a palabra para proceder a dar información aos asistentes sobre as actividades das súas respectivas áreas de traballo. Na mesma o máis salientable foi a aprobación da regulamentación de normas técnicas así como o da suba dun moderado incremento do custe das licenzas que será de aplicación no 2024.

A aprobación das contas anuais do 2022, así como os distintos rogos e preguntas, puxeron o punto e peche a unha Asemblea marcada polo acordo e o bo clima de entendemento existinte.

Compartir: