Resultados

Fructífera xuntanza de traballo entre Concello da Coruña e Federación Galega

No día de hoxe o presidente da FGA Iván Sanmartín mantivo unha importante reunión co concelleiro delegado de deportes do Concello da Coruña, Manuel José Vázquez e o seu equipo de traballo, enmarcada dentro da rolda de contactos que está a manter o presidente cos diferentes responsables de deportes das institucións públicas galegas.

Reunión fructífera

Durante a xuntanza e baixo un clima de “máxima predisposición e entendemento” en palabras de Sanmartín, abordáronse distintas necesidades e déficits que en materia de instalacións atléticas, ten a cidade herculina.

Un dos principais acentos da reunión foi o de tratar de mellorar os convenios de colaboración que existen entre as diferentes institucións da cidade (Universidade da Coruña, Concello e clubes) de cara a unha maior optimización das instalacións e infraestructuras que redunde na cada vez maior comunidade atlética. O presidente da FGA trasladou ó Concello da Coruña a necesidade de optimizar os espazos para os adestramentos, a dotación de materiais  e a celebración de diferentes competicións de pista durante a tempada que beneficie aos clubes locais.

Pola súa banda o concello comprometeuse a estudar todas as propostas plantexadas e a manter una línea de colaboración coa Federación Galega de Atletismo apoiando a celebración de diferentes eventos de pista e ruta, como o Gran Premio Internacional de Marcha de los Cantones de A Coruña (Trofeo Sergio Vázquez) declarado no ano 2020 patrimonio mundial do atletismo, diferentes probas de ruta xa consolidadas (C21, C10) e incluso acoller circuitos en pista e algún  Campionato de Galicia.

O edil herculino amosou a súa predisposición a estudar todas as propostas e melloras que se poidan por en marcha na cidade e comenzar a traballar conxuntamente nos diferentes proxectos plantexados.

Compartir: