Resultados

Xuntanza de traballo entre Xunta e Federacións

No día de hoxe tivo lugar no Complexo de Federacións de O Birloque na Coruña, unha reunión de traballo á que acudiron o Vicepresidente da Xunta de Galicia Diego Calvo, o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete e un bo número de presidentes de Federacións autonómicas entre os que se atopaba o Presidente da FGA Iván Sanmartín.

Na mesma explicouselles aos presidentes diversos aspectos relacionados co Bono Deporte, cuxa finalidade é a que poida axudar ás familias con fillos e fillas que practican deporte, a sufragar tanto os gastos de equipamento como das actividades que realizan. O custe total deste proxecto ascende aos 16,2 millóns de euros, orzamentados no exercicio do 2024

Os datos que se manexan falan de que serán máis de 135.000 deportistas de entre 6 a 16 anos federados ou inscritos no programa XOGADE, quenes se beneficiarán desta medida no que cada bono terá un valor de 120 euros cun desconto do 80% en cada compra.

Compartir: