Resultados en directo

Comunicado FGA sobre o Seguro Deportivo Obrigatorio (SDO)

Desde a Federación Galega de Atletismo desexamos informar dun cambio lexislativo que poidera chegar a ter consecuencias gravosas, desde un punto de vista económico, para o colectivo atlético.

A recente Lei do Deporte 39/2022, de 30 de Decembre do año 2022  en vixencia desde o pasado 1 de xaneiro, estabrece no seu artigo 23.3º que ” A contía das prestacións mínimas do seguro obrigatorio deportivo (SOD) será, como pouco, a do baremo establecido para a valoración dos danos e perxuízos causados en accidente de circulación. Particularmente, no caso dos deportistas do motor.”

Tal cambio lexislativo, afastado do que rexía respecto diso en canto a prestacións mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo en base ao Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño, supón un cambio substancial tendo en conta que ao utilizarse coa nova lexislación as prestacións mínimas, como pouco as do Baremo de accidentes de tráfico, increméntanse para as compañías de seguros as indemnizacións a percibir polos accidentados. Como consecuencia do anterior, e á súa vez, as Compañías Aseguradoras en xeral decidiron elevar considerablemente as súas primas de seguro, decidindo non prorrogar os vixentes e, mesmo en moitos casos, non expoñer ofertas que cubran os seguros obrigatorios deportivos.

Desde a Federación Galega de Atletismo trabállase de maneira prioritaria desde hai meses na liña de acadar un seguro obrigatorio deportivo en consonancia co que existía esta tempada 2023 e, na actualidade, tras unha serie de negativas a expor ofertas de SOD, estamos pendentes de que varias compañías aseguradores efectúen a mesma para ofrecer a mellor solución, e menos gravosa, ao noso colectivo atlético.

 

Compartir: