Resultados en directo

Publicado o regulamento do ranking galego do trail running

Xa se atopa publicado o regulamento do Ranking galego do Trail Running  que servirá como importante ferramenta para impulsar e desenvolver  este sector dende as categorías inferiores, a través da posta en marcha dun ránking galego (RG) que sirva de estímulo e ferramenta para os diferentes axentes do noso atletismo.

Na mesma veñen especificadas entre outros aspectos, os sistemas de puntuación , as categorías de competición individuais así como as divisións e criterios técnicos de cada proba para as cales empréganse as categorías oficiais para Campionatos do Mundo e Seleccións, sen prexuízo do resto de sub-especialidades do sector, sempre ó abeiro da FGA.

Con este importante paso, o sector técnico do trail running galego segue impulsando esta modalidade que conta cada vez cunha maior demanda e un maior número de participantes e seguidores.

Normativa

Compartir: