Resultados

Iván Sanmartín visita os Concellos de Pontevedra e Vilagarcía

Dúas novas xuntanzas institucionais foi as que mantivo no día de onte o Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín na provincia de Pontevedra.

Acompañado polo director Técnico e Delegado da FGA en Pontevedra, David Ferrer, visitaron o Concello de Vilagarcía onde mantiveron unha xuntanza co Concelleiro de Deportes, e Presidente da Fundación de Deportiva, Carlos Coira. Nela tratáronse varios aspectos entre os que a homologación das pistas e a recuperación da media maratón de Vilagarcía entre outros, estiveron sobre a mesa.

De igual modo, unha apretada axenda, fixo que tamén mantivera unha xuntanza ca nova corporación municipal pontevedresa en materia de deportes dirixida por Anabel Gulías. Nesta primeira toma de contacto e de presentacións, aprovechouse para amosar a disposición por ambas partes para o desenvolvemento de futuros proxectos deportivos que quedaron emplazados a unha próxima xuntanza a finais deste ano.

Compartir: