Resultados

Os mundiais de Budapest agardan a Antía, Adri e Tariku

No día de onte, o seleccionador nacional José Peiró, daba a coñecer a lista dos 56 atletas (29 mulleres e 27 homes) que tomarán parte no próximo Campionato do mundo de aire libre de atletismo.

Nesa relación, o atletismo galego estará representado por un total de tres atletas e dúas xuizas quenes viaxarán ata capital húngara de Budapest para tomar parte nesta edición entre os días 19 ao 27 de agosto.

Sen lugar a dúbidas a presencia de Adrián Ben é a que máis expectación xenera. O campión de Europa de pista cuberta, que acaba de proclamarse recentemente campión de España, acude nun excelente estado de forma que farán del un dos homes importantes a ter moi en conta nunha modalidade na que os kenianos parten como favoritos.

Na modalidade dos 20 Km. marcha, a bronce nacional de España e plusmarquista galega neste 2023 Antía Chamosa, novamente estará nunha gran cita internacional. A marchadora da Gimnástica acude á segunda cita máis importante logo, duns Xogos Olímpicos, en continúa progresión e mellora que fan dela un dos activos máis importantes da marcha española. Diante dela estarán as potentes marchadoras sudamericanas e chinesas.

Pola súa banda, Tariku Novales é o terceiro dos galegos convocado para os mundiais. O de Noia recibía con alegría a súa chamada que representa o seu debut na categoría absoluta na mítica distancia da maratón, así como un forte espaldarazo ao seu traballo logo de pasar por uns anos no que os resultados parecían resistirse. Lembramos que desde o Campionato do Mundo de Berlín no ano 2009 con Pedro Nimo, ningún outro galego foi internacional absoluto nesta modalidade.

A cuarta integrate da expedición galega é a xuiza Beatriz Rivas quen ao igual que xa fixeran con anterioridade varios integrantes do Comité Galego de Xuices, foi designada pola RFEA para formar parte do equipo técnico que acudirá a esta importante cita. Por último a outra das xuizas que tomará parte, desta vez designada pola WA, será a xuiza viguesa Loreto Pérez quen xa sabe o que é tomar parte en encontros internacionais.

Ausencias destacadas

Nesa lista de convocados, non estarán este ano por diversos motivos nin a medallista de bronce olímpica en triplo Ana Peleteiro nin a campioa e plusmarquista nacional de peso Belén Toimil.

No caso da riveirense é de sobra ben coñecido o parón que tivo este ano como consecuencia da súa maternidade. Malia elo a súa asombrosa recuperación, proclamouna campioa de España nun axustado concurso, ainda que sen chegar a mínima esixida pola RFEA para estar en Budapest.

Caso parecido aconteceu con Belén Toimil, quen logo de encabezar o ranking nacional e de proclamarse campioa de España tampoco contou co beneplácito do selecccionador para estar na cita mundialista.

 

Compartir: