Resultados en directo

A nosa selección regresa cunha destacada sexta posición de Pamplona

A Selección Galega de Atletismo lograba no día de onte un meritorio sexto posto no Campionato de España de Federacións Autonómicas  levado a cabo en Pamplona ao sumar un total de 374,5 puntos

Malia importantes baixas e algunha lesión de última hora, o combinado galego estivo competindo a un gran nivel nunha edición na que saltaba a sorpresa co triunfo da selección madrileña sobre a catalana, clara domiñadora nos últimos lustros.

Excelente comportamento das nosas e nosos atletas

Por parte galega destacou a participación da olímpica Belén Toimil que lograba o triunfo da proba, sumando dunha maneira moi clara, a máxima puntuación no concurso de peso con 17.57 m.  Carmen Sánchez na xavelina, era outra das atletas destacadas ao lanzar ata moi preto da súa MMP de 53.74 e conseguir o segundo posto da proba.

A marcha novamente daba excelentes resultados da man desta ocasión de Carmen Escaríz que ocupaba posto de honra ao rematar de terceira con 22:25.70

No resto de participación salientamos no sector de velocidade a Javier García e Jacobo Soler quenes lograban a cuarta posición tanto 100 m. con 10.55 como nos 400 m. con 47.45 respectivamente. Ainhoa Reparaz sobre os 100 m. e Mauro Triana nos 200 m. sumaban importantes puntos para a selección con seus sétimos postos. Mención a parte ten a presenza de Adi Igesias que recén chegada de París cas súas dúas medallas mundialistas, quixo estar ca súa selección aportando seis puntos no casilleiro galego na proba dos 200 m.

Nos 800 m. os nosos representantes Pedro Ossorio sétimo con 1:50.69 e María Fernández oitava con 2:09.98, sumaban dazanove puntos para o casilleiro galego que xa comezaba a situarse nos postos importantes da clasificacion por Seleccións.

Novamente Pablo Bocelo daba mostras da súa progresión logrando un destacado cuarto posto nos 1.500 m. con 3:49.59 ao igual que un combativo Carlos Porto, que loitaba ata o remate sobre os 3.000 m. para rabuñar os máximos puntos posibles para Galicia.

Continuando cas probas de fondo, María Cedrón e Antía Castro remataban sétimas nos 1.500 m. con 4:30.25 e nos 3.000 m. con 9:54.54, situandose entre as galegas que no día de onte entraban entre as oito primeiras nas súas probas.

Sobre os valos os nosos estudantes USA Hugo Vázquez, Uxía Pereira e Claudia Rojo cumplían moi ben cas súas destacadas posicións de finalistas sobre esta modalidade, o mesmo que o marchador Dani Chamosa quen demostrando a súa fiabilidade, remataba de cuarto sobre os 5.000 marcha.

Nos saltos Saleta Fernández chegaba tamén ata a cuarta posición no listón de altura con 1.79 m. ao igual que Raúl Cortizo quen no seu último intento na lonxitude afianzaba un importante sexto posto con 7.06 m.  Anxo Blanco pola súa banda cumplía moi ben no triplo chegando ata a sétima posición con 14.57 m. . Destacamos novamente a participación de Bea Viteri, sumando unha nova actuación ca selección galega e convertíndose na atleta con máis convocatorias. Desta ocasión ademáis lograba unha moi destaca sexta posición en pértega con 3.35 m.

Xa nos lanzamentos Eric Méndez mandaba o martelo ata os 59.22 m. o que daba a Galicia unha moi boa quinta posición no concurso. Igualmente foron destacados o sexto posto de María Ezquerro en disco con 45.17 m., o sétimo de Blanca Perira en martelo con 50.87 m. e a oitava posición na xavelina de Pedro Fikadu Santos con 58.96 m.

Nos relevos, o combinado galego mixto dos 4×400 m. remataba no cuarto lugar con 3:27.93 estabrecendo un novo récord galego. O cuarteto curto, con 44.26, entraba na décimo primeira posición.

O resto de actuacións da selección galega quedou da seguinte maneira:

  • Hugo García 9º nos 3.000 Obstáculos con 9:10.16
  • Miguel Cajaraville 9º en pértega con 4.55 m.
  • Miguel Angel Granado 9º en peso con 15.15 m.
  • Fran Guzmán 9º en disco con 42.75 m.;
  • Isabel Caeiro 10ª en 3.000 obstáculos con 11:00.62
  • Eugenia Gil 11ª nos 400 m. con  57.08
  • Adolfo Saínz 11º en altura con 1.85 m.
  • Andrea Villaverde 13ª na lonxitude con 5.28 m.
  • Iago Núñez 13º nos 400 valos con 54.02
  • Manuel Lorenzo 14º nos 5.000 m. con 15:30.34.
  • Laura Santos abandona nos 5.000 
  • Alba Cuns nulos en triplo

 

Compartir: