Resultados

As principais favoritas e favoritos cumpriron no Sub20

Santiago de Compostela pechaba esta fin de semana a disputa dos campionatos de atletismo en pista de aire libre ca celebración do Xunta de Galicia Sub20.

Nesta edición, os principais favoritos e favoritas do campionato puxeron de manifesto a súa superioridade nun evento que serviría como importante test de probas de cara a esa cita nacional que terá lugar os vindeiros días 22 e 23 de xullo en Soria.

Cumpriron as principais favoritas e favoritos

Na categoría feminina, a internacional Ainhoa Reparaz do Val Miñor domiñaba claramente os 100 m. con 12.13 ao igual que Lucía Sánchez del Valle da Atlética Lucense, a quen vimos tomando parte e impoñéndose nos 100 valos con 14.93 e na xavelina con 32.03 m.

Emma Sihuang do Oviedo Atlético e Alba Cuns domiñaban as modalidades de altura con 1.64 m. e de triplo con 12.53 m. respectivamente. No círculo de lanzamentos, tamén boas actuacións das internacionais Blanca Pereira do Ourense Atletismo no martelo con 53.12 m. e de Xiana Lago do Ría Ferrol no de peso con 12.94 m. Sen abandoar os lanzamentos, 46.34 m. para Nicolás Ortega do Atletismo Sada en disco e 14.88 m. de Fernando Vallines do Maderas Barcia Lourenzá no de peso.

Sobre os valos, magnífico David Vicente do Playas de Castellón quen lograba nos 110  un crono de 14.18 malia que con vento favorable de +2.6. Victor Ramos do Triki Team sobre os 3.000 obstáculos con 9:46.31, David García do Atletismo Santiago en altura con 1.84 m. e Martín Barcía do Celta sobre os 200 m. con 22.44, lograban colocarse líderes do ranking autonómico Sub20 deste ano.

Precisamente Martín Barcia foi un dos atletas que lograba un dobre título nesta edición logo de proclamarse campión galego dos 100 con 10.87 (+2.3) e dos 200 m.  ao igual que Xoel Otero do Mazí sobre os concursos de triplo con 13.96 m. e de lonxitude con 6.32 m. Na categoría feminina, Carolina Santos do Ría Ferrol facía o propio, neste caso sobre as distancias dos 800 m. e dos 1.500 m. con 2:25.51 e 4:59.36.

Compartir: