No día de onte foron entregados no pazo de Vilaboa os premios correspondentes ao VIII Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, que como todos os anos distingue o organismo provincial.
Nesta pasada edición, un total de trinta concellos participantes e preto de 16.000 atletas foron quenes tomarían parte, converténdose deste xeito na máis importante, en canto a volumen, de todas cantas se celebran na nosa Comunidade.
O acto que contou ca presenza do Presidente da FGA Ivan Sanmartín así como da deputada provincial de Deportes Cristina Capelán e a do Alcalde do Concello de Culleredo José Ramón Rioboo, serviu para coroar un ano máis na categoría absoluta aos gañadores Rocío Alvite do Atletismo Sar e a Amador Pena do SD Compostela, claros domiñadores deste circuito durante as últimas edición.