Resultados en directo

A armada galega máster pon rumbo a Jerez

Sesenta e dous atletas galegas e galegos están chamados a tomar parte durante esta fin de semana nos Campionatos de España de aire libre da categoría máster que se desenvolverán os días do 23 ao 25 de xuño en Jerez de la Frontera.

Entre a relación departicipantes destaca a presenza da plusmarquista mundial Esther Pedrosa a quen poderemos ver tomando parte nas probas dos 800 e dos 1.500 na categoría F65.

De igual modo, e malia a ausencia dalgúns dos campións e campioas de España da edición pasada en Arona na que se conseguiron un total de 82 metáis, si teñen confirmado a súa presenza na categoría feminina María Mesías do Riazor Coruña na categoría F45 nas probas de 100 e 200 m.; Cristina Estévez do A.F. Celta na F45 en obstáculos e valos; Luz Domínguez do Burgas Ourense na F60 en 200 m., 400 m. e 800 m.; Angeles Rodríguez de A Silva na F65 en peso, martelo e xavelina e Luz Amalia San Martín do Egovarros de Viveiro na F70 nas probas de velocidade.

No tocante a categoría masculina tamén estarán loitando por ravalidar os seus títulos nacionais do 2022 Miguel Gómez do Celta na M40 nos 100 m.e nos 200 m.; Juan Luis Paz do Atletismo Narón na M50 nos valos e altura; Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M60 nos valos, disco e  altura e Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol na M65 nas probas dos 800 m., 1.500 m. e 5000 m.

Como dato, os dous atletas de maior idade por parte do combinado galego en viaxar ata Jerez son José Cidrás do San Miguel de Marín e José Santamaría do At. Barbanza quenes na categoría M75 estarán participando nas probas dos 100 m. e dos 200 m.

Participantes galegos

Compartir: