Os Sub14 e as Ligas de 2ª, centraron boa parte da actividade nacional

A nivel de citas nacionais esta fin de semana contamos con dous importantes focos de actividade.

Por unha banda a cidade de León acollía durante toda a fin de semana a disputa do Campionato de España Sub14 ca presenza e participación dun importante número dos nosos e nosas atletas.

A importancia deste campionato radica na enorme motivación que supón para estes xovencísimos atletas estar presente nun certame destas características, e na que as aprendizaxes e vivencias,  pasan por formar parte do seu obxectivo principal.

Con todo elo, producíronse excelentes actuacións de todos e cada un dos galegos e galegas que tomaron parte entre as que cabe salientar os postos de finalistas logrados por Beltrán Rivas do Atletismo Deza na proba de Triatlon C e Antón Díaz do Atletismo Narón no Grupo E. Na categoría femenina era Alma Bello de A Silva quen remataba nunha moi boa sexta posición no Grupo A.

Campionato de España de 2º División

Que pouquiño lle faltou ao Narón para lograr o ascenso á primeira División.  Tan só dous puntos separou ao equipo azulón dese gran obxectivo que sería logrado finalmente polas entidades de Avinet Manresa con 102 puntos, e Hiru-Herri con 100.

Neste encontro tamén tomou parte o equipo do Atletismo Santiago, quenes lograban a sexta posición, con triunfos santiagueses parciais de Adrian Outeiral nos 200 m. e Alexis Miguéns nos 400 m.

Por parte do Narón foron os atletas Ero Doce nos 800 m.; Adrián Díaz nos 1500 m.; Xabier Lires nos 400 v.; os equipos dos relevos 4×100 m. e 4×400 m. así como a do atleta catalán Mohamed El Ghazouany nos 3.000 m., os que lograban os triunfos para os naroneses.

Xa en terras burgalesas, era o conxunto feminino do Ourense Atletismo quen loitaba, de igual modo, polo difícil propósito de ascender de categoría. Ao remate, o conxunto ourensá lograba unha boa quinta posición con triunfos parciais da catalana Raquel Cosme en pértega, das internacionais Blanca Pereira e Carmen Escaríz en martelo e marcha e de Yiset Magali Jiménez en xavelina. O ascenso foi logrado finalmente polos conxuntos do Atletismo Intec e Del Sur-Cooperativa La Palma

Máis grupos

Houbo tamén mais encontros, como o disputado en Camargo na Final B1 masculina onde o Lucus Caixa Rural Galega gañaba o su compromiso,  ocupando o C.A. Sada a quinta posición. Para rematar cuarta posición para os homes do Ourense Atletismo no encontró B3 de Móstoles e a cuarta para C.A. Sada na B1 de mulleres

Compartir: