Laura Santos e Carlos Porto domiñan o galego dos 10K.

A lucense Laura Santos do Playas de Castellón cun rexistro oficial de 34:19 e Carlos Porto da Gimnástica de Pontevedra con 30:47, proclamáronse campións galegos absolutos da proba dos 10K en ruta celebrada este domingo no Concello de Carballo.

O podio foi completado por María Cedrón do ADAS CUPA, quen lograba o tíulo na Sub23,  con 35:13 e por Uxía Pérez do A.F.Celta con 36:00 así como por Anxo Castro do Vicky Foods con 31:23 e Jesse Corro do Atletismo Arenteiro con 32:22 na categoría masculina.

Na categoría Sub23 o especialista e integrante da selección galega de Trail Running, Pablo Camescasse facíase co título con 32:43. o mesmo que na Sub20 facía o propio Valeria Batire do S.D. Compostela con 43:19 e Mohammed Kassimi do Ferrol Atletismo con 34:12

Nas categorías máster, os títulos autonómicos quedaban da seguinte maneira:

  • Máster35. Zelinda Spencer (Oviedo At.) e Emilio Pérez (ADAS CUPA)
  • Máster40. Sofía Freaza (Comesaña S.C) e José Manuel Corral (At. Arenteiro)
  • Máster45. Natalia García (Running Oleiros) e Ricardo Vaamonde (ADAS CUPA)
  • Máster50. Aurora González (C.D.Pinarium) e Manuel Fernández (ADAS CUPA)
  • Máster55. Mercedes Blanco (At. Sar) e Jesús Manuel López (At. Sada)
  • Máster60. José Benito Gómez (Ourense At.)
  • Máster65. José Manuel Dopico (Egovarros)
  • Máster70. Elvira Tresguerras do (At. Sar) e José F. Sainz (At. Sar)
  • Máster75. Antonio Hernández (Mochila D.)

 

Compartir: