Resultados

O atletismo base galego busca en León seguir medrando.

O atletismo base galego estará esta fin de semana tomando parte no Campionato de España Sub14 individual que se desenvolverá na cidade de León.
A gran festa do atletismo, servirá como unha merecida e xusta recompensa para os 23 galegos e galegas que por marca se fixeron merecedores de estar tomando parte nesta importante e motivadora cita.

O aprendizaxe será a mellor medalla

Máis alá de resultados e de obxectivos deportivos, a maior recompensa será a de sacar neste dous días as maiores aprendizaxes e experiencias posibles que axuden a unha mellor formación tanto deportiva como integral.

Lembramos que cada atleta poderá escoller entre cada un dos cinco grupos de competicións organizados. Previamente, tanto en homes como en mulleres, existiu unha clasificación dos 36 mellores de España para cada grupo con mellor puntuación confeccionada por táboa.

As probas son:

Triatlon A. 80 m/ 80 v./Peso
Triatlon B.. 1000 m./ Lonxitude/ Xavelina
Triatlon C. 80 v./ Altura/Lonxitude
Triatlon D. 80 m./ Peso/ Disco
Triatlon E. 2000 marcha/ 80 m./ Xavelina

A representación galega estará a cargo das seguintes atletas:

  • Atletismo Narón: Aitana Rúa, Angela lendoiro, Aldara Ríos, Lois Corral e Antón Díaz.
  • Coruña Comarca: Lucía Dopico, Iván Ríos,Alejandro Freire e Xabi Camba.
  • S.Gimnástica: Cristina Martínez, Iago Gómez e David Vázquez.
  • Atletismo Sada: Alba Vizoso e Laura Ríos.
  • Samertolameu: Mara Rúa e Mario Costa.
  • Atlética A Silva: Alma Bello
  • Atlética Lucense: Sara Muñóz
  • Ferrol Atletismo: Bruno Castro
  • Vila de Cangas: Miguel Fernández
  • C.S.C.R.Beade: Xoel Franco
  • ADAS CUPA: Mateo Valcarce
  • Atletismo Deza: Beltrán Rivas

 

Compartir: