Resultados en directo

Vintecinco nacionalidades estarán este sábado en Cantones

Practicamente todo a punto para que o vindeiro día 03 de xuño as rúas coruñesas de Cantones reciban a elite mundial da marcha en ruta no que será a trixésimo sexta edición do G.P. Internacional de Marcha Atlética Cantóns da Coruña – Trofeo Sergio Vázquez.

O máis importante evento da marcha a nivel mundial, despois dos Xogos Olímpicos, regresa como cada ano cunha importante presenza dos mellores especialistas do momento. Sen lugar a dúbidas, no punto de mira de todas elas e eles, estará o Campionato do Mundo de Aire Libre que se disputará en Budapest do 19 ao 27 de agosto e na que boa parte dos que alí tomen parte, estarán esta fin de semana en Cantones. Por tal motivo, o trazado coruñés será novamente un excelente banco de probas que servirá como decisivo test para a cita mundialista.

Presenza de marchadores na cidade

Como é habitual a medida que se achega a data da proba, son moitos os paises que aproveitan para adiantar a súa viaxe e adestrar no magnífico paseo marítimo coruñés que xunto as condicións climatolóxicas, o converten nun lugar moi apreciado e valorado na planificación dos distintos adestramentos.

Este ano os máis madrugadores son os marchadores e marchadoras asiáticos de Japón quenes xa te atopan na cidade e a cuxa cabeza sitúase o medallista de bronce nos mundiais universitarios Yuta Coga.

Nos vindeiros días, e de maneira en especial a partir dos mércores, agárdese que aterren en Alvedro as distintas delegacións, cuxa presencia máis numerosa, despois da española, é a mexicana cun total de vinteseis atletas, seguida da colombiana con dazasete e a chinesa con quince.

Ausencia novamente de marchadores rusos e presencia dun total de vintecinco paises

Desde o ano 2011 onde as probas foron gañadas en ambas categorías polos marchadores rusos Valerey Borchin en homes e Olga Kaniskina en mulleres (ambos sancionados por doping con posterioridade) , ningún atleta dese país volveu pasar por Cantóns baixo a súa bandeira debido ás distintas sancións aplicadas pola World Athletics. Lembramos que ata o ano pasado, o máximo organismo mundial do atletismo autoriza a presenza dalgúns deportistas baixo as siglas ANA (atletas autorizados) fórmula que os permitiu pasar por A Coruña como foi o caso Vasily Mizinov 4º clasificado masculino no 2019.

Malia elo, un total de vintecinco nacionalidades estarán compitindo o sábado na Coruña, contándose con prácticamente a totalidade dos paises importantes da marcha a nivel mundial como Italia, China, Ecuador, Perú, Japón ou Suecia por citar algún.

 

Compartir: