Resultados en directo

Cita en Alcalá para as nosas e nosos másters

Esta fin de semana as pistas madrileñas de Alcalá de Henares recibirán a presenza dun total de quince galegas e galegos que acudirán a tomar parte nos distintos  Campionatos de España que se levarán cabo.

Entre a relación, destaca a presenza da plusmarquista mundial e campioa de España Esther Pedrosa que tomará parte na proba da milla na que parte como favorita ao título. Xunto á compostelá estará tamén o trimedallista nos pasados mundiais Pablo Fervenza do Samertolameu a quen poderemos ver tomando a saída sobre as distancias de milla e 10.000 m. na categoría M70, proba esta última, na que estará acompañado por Xosé Otero Cepeda do Atletismo Santiago.  Completan a relación de participantes na milla Angeles Rodríguez de A Silva,  Emilio García do S.D. Compostela, Manuel Fernández do Verxel Nutrición e Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol

No que atinxe ás combinadas serán Carlos Ferrer do Atletismo Narón na M60 e José Domínguez de A Silva na M45 os que estén sobre o sintético. Completan a relación de galegos e galegas participantes Ana Abuín, Angeles Rodríguez e Alberto Almudí de A Silva; Javier Pereira do Atletismo Cuntis, Javier Viteri e Marta Sureda do Samertolameu e Xulio Ventín do Atletismo Sada, todos eles e elas participantes na  especialidade de pentatlón de lanzamentos.

 

Compartir: