Resultados en directo

Convocatoria da Selección Galega de Marcha Sub16 e Sub20

A Selección galega de atletismo continúa cos seus compromisos oficiais neste ano 2023. Logo do seu exitoso campionato de España de Campo de través desenvolto a finais de xaneiro, tócalle agora ao combinado galego de marcha Sub16 e Sub20 tomar parte no Campionato de España de Federacións Autonómicas de marcha en Ruta.

Será en concreto o vindeiro día 26 de febreiro cando un total de 17 seleccionadas estén  tomando parte na localidade murciana de Cieza desta importante edición xuntos aos mellores marchadores e marchadoras do resto do Estado.

Por categorías destacamos nos Sub20 a presenza da lucense Aldara Meilán que no pasado campionato disputado en Lepe, lograba a medalla de bronce na categoría Sub18. Tanto Oleksandra Kostenko da Atlética Lucense como Natalia Rivas do Ría Ferrol, serán dúas das que repitan convocatoria tendo por diante o difícil obxectivo de volver a estar por seleccións nun podio nacional. Xunto elas estarán completando equipo Andrea Cainzos de La Mochila del Deporte e a subcampioa galega Noa Abelleira do Lucus Caixa Rural.

Por parte masculina, presenza do medallista nacional Andrés González do Celta quen xa o ano pasado lograra un excelente quinto posto nesta mesma competición. Completan equipo Pablo Sánchez da Atlética Lucense, quen tamen repite, e o campión galego Nicolás Collazo do Ames Atletismo.

Polo que respecta aos equipos Sub16, debutan a totalidade dos integrantes da selección que estará liderada pola campioa Galega Alba Morales do Marineda e por Anxo Jamardo da Gimnástica. Xunto eles estarán tamén defendendo a camiseta galega Natalia González, Icía Ares, Daniela Domínguez, Marta García-García, Diego García, Mateo Pérez e Nadir Moreira.

 

 

Compartir: