Resultados en directo

A Selección Galega amosa calidade, talento e títulos en Biscaia

Nada menos que unha medalla de ouro oficial no clasificación individual, así como unha prata e un ouro na clasificación por equipos, foi o balance que nos deixa a participación da Selección Galega de campo a a través no campionato nacional disputado no día de hoxe na localidade biscaina de Ortuella. Con todo elo, é xusto recoñecer as medallas oficiosas logradas polo galego El Nabaoui (primeiro clasificado) e de Xela Martínez (segunda clasificada) que por motivos diversos non computan de maneira oficial.

Con estos resultados producidos, o atletismo galego viviu un dos seus máis importantes campionatos de España de Campo a través dos últimos lustros da man de toda unha nova xeración de talentosos e importantísimos atletas, que están chamados a ser os auténticos referentes do noso deporte nun futuro inmediato.

Grandísimo papel de todo o combinado galego

Sobre un circuito ao máis puro estilo do campo a través clásico, e cunha lama que por momentos chegaba prácticamente ata os xeonllos, daba comezo este campionato de España de Seleccións ca sáida da primeira das carreiras reservada para a categoría Sub20. Nesta proba, e sobre unha distancia total de 7620 metros, o noso combinado lograba un destacado posto de finalista por seleccións  logo de sumar un total de 149 puntos. O mellor galego foi o atleta  Iván Rego quen lograba entrar no posto 34º. Xunto ao lucense entraban Victor Ramos (36º); Mateo Rodríguez (40º); Gabriel Losada (45º);  Héctor Rodríguez (53º) e Mario Rodríguez (56º).

Cun ambente na selección de ánimo e motivación, tomaban a saída na seguinte carreira o equipo galego Sub23 feminino. Como se dun guión se tratara, as nosas atletas interpretaron as mil marabillas tanto o circuito como a súa dosificación ao logo dos 9.500 metros da carreira na que tanto María Cedrón (7ª), Antía Castro (10ª) como Sara López (12ª) lideraron a un grupo que ademáis colocaba ao resto de integrantes nos postos importantes da xeral como Inés Docampo (24º) Branca Fernández (28ª) e Lucía Varela (33ª). Con esta regularidade as contas non paraban de sucederse por parte dos responsables técnicos da Federación Galega que tiveron que agardar á suma de todos os puntos para poder celebrar o título de campioas de España por Seleccións nun axustadísimo final que daba á nosa Comunidade o título por diante das castelán leonesas por tan só un punto de diferencia.

Co subidón do título logrado polo equipo feminino, daba comezo ás 11.20 horas a proba masculina Sub23 onde todas as miradas recaían no galego El Mhedi El Nabaoui. Novamente o da Estrada, fixo valer a súa gran calidade sobre cada un dos 9.500 metros da proba domiñando con talento, intelixencia e capacidade unha carreira que o confirman como unha das nosas grandes estrelas. Agardamos dunha vez por todas que a burocracia, tan rápida para uns e tan inxustamente lenta para oUtros, fagan realidade a nacionalización e poidamos ver por fin el Mhedi no máis alto dun podio.

Precisamente por equipos a nosa selección lograba un destacado décimo posto con Yago Ignacio García (51º) ; Pedro Liste (59º); Hugo García (51º); Hugo Suárez (77º) e Alex Goberna (80º).

Unha das novidades deste campionato era a inclusión da carreira de relevos mixto na que tamén tomaba parte a Selección Galega logrando neste debut un excelente sétimo posto da clasificación xeral. O equipo formado por Zoe Michelle Cardín, Pablo Bocelo, Eva Piñel e Adrián Lago remataban a súa proba cun crono de 27:47 que lles permitía lograr un posto de finalista nunha modalidade gañada pola selección catalana.

Pasado xa o medio dia e cun circuito se cabe máis enlamado e difícil de transitar, tomaban a saída as integrantes galegas do combinado absoluto feminino. A priori a presenza dun importante elenco de atletas internacionais nesta proba facía moi difícil calquer tipo de previsión sobre calquer resultado. Máis con todo elo, novamente a calidade no colectivo e no individual volveron facer posible un excelente resultado para os intereses galegos xa que unha colosal Joselyn Brea domiñaba técnica e tácticamente a proba que a facían proclamarse campioa de España absoluta quitando máis de vinte segundos á segunda clasificada. Con este importantísimo título, a galega xunta o seu nome ás lexendarias Estela Estévez, Julia Vaquero e María Abel, quen lograba precisamente o último título para Galicia nesta categoría fai xustamente vinte anos.

Si esto acontecía no individual, o resto de integrantes da selección absoluta completaban unha carreira moi dura e complicada de maneira maxistral rematando nuns importantímos postos Edymar Brea (10ª); Laura Santos (13ª); Ester Navarrete (55ª); Begoña Domínguez (70ª) e Sofía Fernández (72ª) que daban a Galicia o subcampionato por comunidades por detrás de Castela-León e por diante de Madrid.

A euforía e alegría a estas horas era notoria e palpable por parte de todos os integrantes da seleccción que malia elo ainda lles quedaba unha última celebración.

O outro prato forte da xornada era a carreira absoluta masculina onde a nosa selección pelexou e fixo todo canto puido por lograr os mellores postos posibles sobre un auténtico pantanal a estas alturas do campionato. Por equipos os galegos lograron o décimo cuarto posto dunha proba na que o mellor clasificado foi o campión galego Esteban Iglesia no 34º. Xunto ao lucense entraron en meta Xabier Rodríguez (54º); Manuel Lorenzo (73º); Rubén Diz (77º); Nicolás Arrojo (79º) e Daniel Pérez (89º)

Como punto e final quedaba a proba da categoría Sub20 feminina á que tamén acudían a tomar parte fora de concurso atletas da categoría Sub18 na procura dun posto na selección para o mundial de campo a través do vindeiro 18 de febreiro en Australia. Nesta situación atopábase Xela Martínez quen no desaprobeitaría a oportunidade ao lograr a segunda posición da carreira e o seu billete mundialista.

Por último á selección galega Sub20, e para acabar de redondear un extraordinario campionato, asinaba otra non menos destacada sexta posición da clasificación xeral con Isabel Caeiro e Ainoa Gontán como mellores galegas nos postos décimo quinto e  décimo sétimo respectivamente. Xunto elas tamén entraban Carla Díaz (39ª); Lía Fernández (48ª); Carolina Santos (60ª) e Alejandra Formoso (71ª)

Compartir: