Resultados

Primeira xuntanza institucional de Sanmartín coa Xunta

No día de hoxe o Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín, mantivo a primeira xuntanza institucional co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.

Malia que xa se tiñan producido encontros e chamadas entre os dous dirixentes, non foi ata o día de hoxe na que se concretou esta xuntanza oficial nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago. Durante a mesma, estívose analizando a actualidade do atletismo galego poñéndose especial énfase en todos aqueles proxectos que en materia de infraestructuras e de actividades deportivas se van levar a cabo durante este ano.

A xuntanza transcurriría segundo Sanmartín nun clima ¨de plena colaboración e entendemento entre as dúas institucións que ratifican o seu total compromiso de seguir avanzando coordinadamente na millora do atletismo galego a través de todas aquelas vías posibles¨

Este encontro prodúxose logo dos mantidos recentemente a nivel institucional cos concellos de Santiago, A Coruña e Vigo e cuxa continuidade terá lugar nas próximas semanas ca Vicerreitora da Igualdade, Cultura e Deportes da Universidade de A Coruña, Cristina López.

Compartir: