Resultados en directo  

Un novo recurso ao servizo do atletismo galego

A Federación Galega de Atletismo tanto a través das subvencións concedidas pola Xunta de Galicia para a adquisición de material, como do patrocinio de colaboración con Ford Gonzacar-Galmotor, adquiriu recentemente un vehiculo de carga e transporte Ford Transit que dotará dunha importante cobertura e capacidade loxística á Federación en todas as súas actividades federadas.

Lembramos que nos últimos anos viñéronse incorporando de maneira moi importante diversos medios e compoñentes materiais cuxa finalidade foi a de atender e satisfacer as necesidades dun atletismo galego cada vez máis tecnolóxico e moderno. Con esta posta en servizo, deixarase de depender dos servizos de aluguer, gañando amplamente en capacidade e operatividade.

 

Compartir: