A Federación recadará fondos para Gustavo Dacal programando unha xornada de control solidario

A Federación Galega de Atletismo ca colaboración da Sociedad Gimnástica de Pontevedra (agárdase a participación de máis entidades) organizará a proba solidaria ¨Axudemos a Gustavo Dacal¨ que se desenvolverá o vindeiro día 22 de xaneiro nas pistas do CGTD de Pontevedra a partir das 10:00 horas. Ao acto tamén acudirá o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia José Ramón Lete, quen será o encargado da entrega íntegra da recadación.

O calendario de probas incluirá carreiras de medio fondo e fondo para as categorías base e absolutas, así como os concursos de disco e xavelina.

Racadacion íntegra e Dorsal 0

A finalidade desta xornada non é outra ca de recaudar fondos cos que poder sufragar a estancia de Gustavo Dacal no hospital mexicano no que sigue ingresado. Para elo toda a recadación da xornada irá integramente a súa conta existindo tamén a posibilidade de contribuir co Dorsal 0

Lamentable infortunio

Lembramos que dende finais do mes pasado, quen fora campión e plusmarquista de España na modalidade de xavelina, atópase hospitalizado como consecuencia dun contaxio de dengue ocasionado pola picadura dun mosquito e cuxas graves complicacións, derivaron nunha infección da columna vertebral que o manteñen ingresado. Desde fai anos, o ex lanzador internacional da Gimnástica de Pontevedra e da Selección Galega, atopábase en México dirixindo e controlando a preparación internacional dos lanzadores e lanzadoras aztecas.

Compartir: