Jose Manuel Ruíz, novo delegado da FGA en Santiago

Comezan a producirse os primeiros movementos de Iván Sanmartín ao fronte da Federación Galega de Atletismo. Hoxe mesmo, José Manuel Ruíz Pérez (16/07/1971, Santiago de Compostela) foi nomeado novo Delegado da Federación Galega de Atletismo na capital galega e área de influencia.

Marcado perfil  de xestor. 

Este coñecido empresario compostelá vinculado a varias empresas tecnolóxicas de recoñecido prestixio nacional e internacional, chegou a compitir en División de Honra na década dos 80 e 90 defendendo ás cores do Universitario de Santiago USC (anteriormente chamado CUA) na especialidade de triplo salto. Con posterioridade na categoría máster, continuaría compitindo ca entidade universitaria ata o ano 2017, momento no cal daba inicio a unha nova andaina ca entidade dirixida por Alfonso López Menduiña do Clube Atletismo Santiago .

Apaixonado do deporte, considérase un defensor do atletismo como importante ferramenta compititiva e formativa en todas as súas etapas, do que salienta a súa gran capacidade para forxar futuros grandes deportistas, estudantes e profesionais.

Relevo agardado

Con este nomeamento, o novo delegado toma o relevo do actual presidente Iván Sanmartín cuxos novos cometidos imposibilitan compaxinar as distinas tarefas que viña desenvolvendo nos ultimos doce anos ao fronte da delegación santiaguesa.

Compartir: