Resultados en directo

Dobre título para a Gimnástica no galego de clubs de combinadas

Esta fin de semana a pista cuberta de Ourense presenciou o dobre título logrado pola Sociedad Gimnástica de Pontevedra tanto na categoría feminina como na masculina correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Probas combinadas por clubs.

O equipo gañador feminino integrado por Andrea Villaverde, Aloia Vilas e Marina Artemia lograba un total de 8.595 puntos que lle daban un cómodo triunfo por diante dos equipos do C.D. La Purísima con 7.844 puntos e do Riazor Coruña con 7.310 puntos.

Na categoría masculina foron Matías Moldes, Alejandro Villaverde, Oscar Monteagudo e Nicolás Quiñones os que lograban o triunfo para os pontevedreses logo de sumar un total de 12.106 puntos e impoñerse tanto aos conxuntos do Atletismo Narón con 10.536 puntos como ao Atletismo Sada con 10.294 p.

Ademais do campionato, desenvolveuse un critérium galego de combinadas e tres xornadas de controis que contaron cun amplo número de participantes e bos rexistros nivel xeral que trouxeron a consecución dun bo número de marcas míninas para os distintos campionatos de España de Pista Cuberta.

Compartir: